Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - ELECCIÓNS SINDICAIS PAS FUNCIONARIO
 

Sempre do lado d@s traballador@s

O pasado día 6, as urnas confirmaron a confianza dunha gran parte das funcionarias e funcionarios da universidade da Coruña na alternativa aberta e asemblearia que representa APA. A mensaxe central da campaña, o que quixemos con máis énfase transmitir, é que só coa unidade e coa loita conseguiremos recuperar todo o que os gobernos (central, autonómico e da nosa universidade) nos recortaron, e só con ese criterio poderemos conseguir as melloras que o colectivo reclama.

 

  • Noticias relacionadas

Non centramos a campaña en promesas senón en obxectivos, moitos deles non son económicos. A dignificación do traballo e da representación colectiva das funcionarias/os parécenos un paso imprescindible para que poidamos afrontar o futuro máis próximo.
 
Sorpréndenos, polo tanto, que xa haxa algunha candidatura que se postule como oposición. Non entendemos a representación colectiva como un parlamento onde, se non gañas ou non tes os resultados que agardabas, estás na oposición. Todas/os os que formamos parte da Xunta de Persoal representamos ao colectivo de PAS funcionario, das e dos que nos votaron e das e dos que non nos votaron. A oposición temos que facerlla, sen ir máis lonxe, ás intencións xa manifestadas pola Xerencia na modificación da RPT.
 
Nós intentaremos alcanzar a maior unidade de acción, que sexa posible, dentro da Xunta de Persoal, escapando de intereses persoais e polo ben do colectivo que sempre terá a palabra e tomará as decisións.
 
Reflectimos a evolución do voto nas últimas convocatorias.
 
Consideramos que, como o número de traballadoras e traballadores no período que analizamos, variou en cada convocatoria, o mellor xeito de observar a evolución do voto é velo en función da porcentaxe obtida por cada unha delas respecto do voto total emitido ás candidaturas:
 
Representación desde 2003
 

Eleccións 2003

Candidatura

%

Representantes

CIG

42,86%

3

USO

28,57%

2

CCOO

14,26%

1

UGT

14,29%

1

 

Eleccións 2007

Candidatura

%

Representantes

CIG

41,84%

5

USO

29,78%

3

CCOO

28,36%

3

UGT

N/P

0

 

Eleccións 2011

Ampliación 2014

Candidatura

%

Representantes

Candidatura

%

Representantes

APA

30,72%

4

APA

28,72

1

CIG

28,57%

4

CSIF

25,57%

1

CSIF

26,64%

3

CIG

20,12

1

CCOO

8,16%

1

CCOO

14,25%

1

UGT

5,95%

1

FUTURO UDC

5,87%

0

 

 

 

UGT

5,45%

0

 

Eleccións 2015

Candidatura

%

Representantes

APA

34,68%

6

CSIF

25%

4

CIG

17,95%

3

CCOO

13,73%

2

UGT

8,62%

2

 

Datos adicionais da votación do día 6 de maio de 2015:
 

Censo:

Reitoría:

180

Elviña:

430

Ferrol:

104

Total:

714

 

Votos emitidos:

611

Participación:

85,57%

 

Votos a candidaturas:

568

Votos en branco:

32

Votos nulos:

11

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript