Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272- 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Recibimos varios correos de felicitación polo resultado electoral. Non os reproducimos porque son, exclusivamente nese senso. Agradecemos os parabéns e poñéndonos, unha vez máis á vosa disposición.
Reproducimos, non obstante, algún dos correos recibidos que non
son exclusivamente de felicitación.

 

Eleccións
Sobe a APA despois de catro anos moi difíciles onde se nos quitaron moitas cousas, o que podería pesar na súa contra. Que non se vos suba ó papo. Diante queda moito, moito que facer, moito que coser, o colectivo como tal non existe e hai moito que rexenerar. De momento parabéns.

Parabéns
Gañastes, pensei que non pasaría. Non pensedes que sodes a repera. Non pasou só polos vosos merecementos, que non vou discutir, aínda que tedes que mellorar moito. Os vosos 6 representantes demostran tamén, o baixo nivel do resto dos sindicatos. Iso si, tamén parece que teñen un bo número de fieis seguidores porque traballo, pouco.

Eleccións
A moitos sindicatos pasoulles factura o feito de non se presentar ás eleccións ao Claustro sen dar sinais de vida. A moitos sindicatos pasoulles factura o feito de que dada por rematada a negociación da RPT non saibamos o seu parecer. A moitos sindicatos pasoulles factura o feito de que se acorden de pasar polos centros cada catro anos. A algún sindicato pasoulle factura a súa proximidade co reitor... Estarán a preguntarse porque medra o voto da APA?

Non podedes fallar
Ábrese unha nova etapa na Xunta de Persoal, aínda así parece que a APA será a única voz que clame nun deserto onde só se escoita o run run dos recortes. Non sei como fan nas outras universidades para conservar cousas que aquí se nos quitan ou amablemente regalamos. Está claro que non podemos permitir que na Universidade de Santiago ou na de Vigo teñan o que aquí non temos. Cabréame ver como se cede e se fan concesións de xeito reiterado, concesións que sempre acaban nas mans doutro sector que nunca necesitou presionar para que se lle outorguen. De momento a APA é esa voz que denuncia e reclama, mentres que isto sexa así terá o meu voto.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript