Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ENTREVISTA AO PSICANALISTA E PSIQUIATRA ALFREDO GRANDE
 

A imposible misión de estar san no capitalismo (Vídeos)

É posible considerarse totalmente san nunha sociedade capitalista? Pode quen non padeza anorexia, bulimia, drogodependencia, ludopatía, pleonexia, bipolaridade psicolóxica, hipocolesterolemia, obesidade ou diabete considerarse unha persoa sa?

 

  • Noticias relacionadas

 

"Depresión, adiccións, enfermidades psicosomáticas, a chamada violencia de xénero, feminicidios, maltrato abuso e incesto con nenas e nenos, mobbing laboral, bulling, groming, acoso por Internet, pedofilia..., son enfermidades que o psiquiatra Alfredo Grande identifica como produtos da "cultura represora" propia da sociedade capitalista, aínda que non sexamos conscientes diso.
 
A alienación ou enaxenación é a enfermidade fundamental do home, pois constitúe o punto de partida de todos os seus males emanados do capitalismo, afirmaba Marx.
 
Sendo o capitalismo un sistema sen freo ao crecemento da produción, que impón un estilo de vida no que se debe consumir a un ritmo cada vez máis rápido de todo canto se produce, é lóxico que rematemos sendo uns prefectos neuróticos funcionais, pola inadaptación a unha realidade hostil coa que non podemos romper individualmente.
 
O ritmo de traballo no capitalismo, o pluriemprego, o descanso e a recreación escasa ou imposible; a rivalidade omnipresente disimulada coa eufemística sanda competencia", son o caldo de cultivo da patoloxía psicolóxica.
 
Neste sentido, coñécese que unha de cada catro persoas padece algunha enfermidade mental relacionada coas súas condicións de traballo ou estudo e que a depresión constitúe a principal causa do suicidio.
 
Só no Estado español, en 2007 computáronse 400.000 persoas que padecían esquizofrenia. O filósofo francés Gilles Deleuze e o psicanalista e tamén filósofo Félix Guattari relacionaron os primeiros diagnósticos da enfermidade que hoxe se coñece con este nome, coincidindo coa aparición do capitalismo.
 
Téñase en conta que o sistema capitalista expulsa ós individuos que non lle son útiles e marxínaos. E mesmo ós que seguen sendo "útiles", tal como consideraba Michael Foucault, íllaos na súa casa e, finalmente, no seu propio cuarto.
 
En definitiva, se asumimos que a liberdade é a negación de toda escravitude, e que esta última se impón necesariamente nun sistema económico e social sostido na explotación, estaremos de acordo en que o obxectivo de alcanzar a saúde persoal e social esixe adoptar nova perspectiva focal e conceptual.
 
Nese propósito de enfocar a nosa mirada aos conceptos de saúde, a visión renovadora de Alfredo Grande, activista, psicanalista e médico psiquiatra; presidente e fundador da cooperativa de saúde Atico- 1986- e colaborador da Axencia Pelota de trapo (páxina web xornalística do Movemento Rapaces do Pobo), ten moitas cousas que achegar.
 
VIDEOS RELACIONADOS

 

 


 


 


 
Por JUAN ANDRÉS PÉREZ RODRÍGUEZ / CANARIAS-SEMANAL.ORG

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript