Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Sobre o levantamento de Baltimore

O levantamento de Baltimore transmitiu a inconfundible e potente mensaxe de que está a chegar á súa fin unha época de aceptación por parte da xente dos intolerables asasinatos e a brutalidade sen fin da policía.

 

  • Noticias relacionadas

A tortura e o gratuíto asasinato de Freddie Gray -xunto ao encubrimento e as insultantes mentiras que circulan nestes momentos- é só a última dunha longa serie de horrores dese tipo perpetrados non só en Baltimore, senón en todo Estados Unidos. De North Charleston, no estado de Carolina del Sur, a Ferguson, en Missouri; de Pasco, estado de Washington, á cidade de Nova York, e máis alá... isto ten que rematar!
 
As autoridades e os medios de comunicación laméntanse pola "violencia". Indígnanse pola rotura de ventás, pero non polo colo roto de Freddie Gray. Ambas as dúas instancias anóxanse pola destrución de propiedade, pero non pola destrución de nenos negros e morenos. Violencia? Que me din da violencia incesante que inflixe a policía ás masas de poboación negra e latina en todo Estados Unidos? Que opinan da violencia -de marca mundial- que impregna unha sociedade na que un mozo negro de cada tres ten a probabilidade de cumprir condena de prisión antes morrer? Que dicir da violencia que ten case un millón de homes e un número crecente de mulleres negros languidecendo nos cárceres? E que hai da violencia coa que se comporta a policía nos guetos e barrios, como un exército de ocupación, ao igual que os exércitos de ocupación de EUA compórtanse como unha policía en todo o mundo?
 
Isto é Estados Unidos, e todo o seu sistema foi construído sobre a base dunha violencia cruel, inxusta e interminable, aquí e en todo o mundo, e que continúa na mesma empresa. Estes criminais de primeira categoría e os seus apoloxistas non teñen absolutamente ningún dereito a criticar o que as masas fan cando están fartas, cando non poden aguantar máis, e cando se ven obrigados a expresalo. Ante o asasinato e o terror non está xustificada a resistencia?
 
Son os que insultan os que se rebelan chamándoos matóns, mentres os verdadeiros matóns reais quedan impunes e reciben vacacións pagadas. E os que dan ordes aos matóns non só non reciben castigo senón que ostentan postos nos máis altos niveis de goberno. Aquí, nesta terra de ladróns e fogar de escravos, acusan de saqueo aos que se rebelan, cando os poderes fácticos saquearon aos negros como pobo durante séculos, en paralelo e como parte dun mesmo saqueo de continentes enteiros. Prometen xustiza dende o Departamento da Inxustiza e o seu sistema xudicial amañado, no que é só unha estratexia de denigración aos ollos da xente. Sacar á rúa a Garda Nacional significa unha soa cousa: máis violencia insensata contra o pobo. Non! non! non!
 
A historia e a realidade actual mostran que ata tanto a xente non se alce e se negue a xogar o xogo da inxustiza, a indignación e o horror continuarán. Todos debemos estar do lado dos rebeldes de Baltimore, negarnos a condenalos e intensificar a loita para poñer fin aos asasinatos da policía e ao encarceramento en masa. Este é un clamor e unha chamada a toda a sociedade a poñerse de pé e dicir abonda! isto debe cesar!
 
Carl Dix; Librered

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript