Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CCOO E UGT TRAIZOAN @S TRABALLADOR@S DAS SUBCONTRATAS DE TELEFÓNICA
 

@s folguistas de Telefónica manterán a protesta malia a retirada de CCOO e UGT

Os sindicatos UGT e CCOO alcanzaron un acordo coas empresas subcontratadas por Telefónica e decidiron desconvocar a protesta contra a multinacional.

 

  • Noticias relacionadas

Os dous sindicatos maioritarios desmárcanse así do paro que dende hai 40 días manteñen traballadores das subcontratas en protesta pola progresiva degradación das súas condicións laborais, un feito que foi recibido con indignación polos traballadores que levan máis dun mes en folga, e que pretenden continuar.
 
O paro comezou en Madrid o pasado 28 de marzo, e o 7 de abril estendeuse ao resto de territorios. Dende entón, os traballadores organizáronse en asembleas abertas co asesoramento de sindicatos minoritarios (AST, CGT e Co.Bas), co obxectivo de manter unha folga indefinida ata que o seu empregador final, Telefónica-Movistar, acepte as súas condicións: a derrogación dos contratos bucle -que a empresa renova cada tres anos coas subcontratas e que supuxo unha constante baixada dos baremos-, igualar salarios por un mesmo traballo, e que todos aqueles traballadores que o desexen poidan integrarse na plantilla.
 
UGT e CCOO uníronse posteriormente á protesta convocando paros de 48 horas, que pretendían ampliar esta semana cunha folga de sete días, se ben rebaixando as peticións. Finalmente, tras o acordo alcanzado por estes dous sindicatos coas subcontratas e a patronal Ademi, UGT e CCOO desconvocaron o paro. "As decisións deben ser democráticas e votadas pola xente, e non deste xeito", critica Josep Bel, membro de Co.Bas.
 
O pacto de CCOO e UGT coas empresas de instalación que traballan para Telefónica chega despois de que estas compañías se comprometan a regular a cadea de subcontratación e as xornadas laborais, se ben se establece a creación dunha Comisión Paritaria que deberá desenvolver a negociación. Ademais, o acordo inclúe aumentar a paga por produtividade un 10% e manter o volume de emprego durante a vixencia do contrato coa multinacional.
 
Segundo explicou a federación do Metal de UGT (MCA-UGT), os contratos realizados no sector "maioritariamente" corresponderán a xornadas de 8 horas, e eliminaranse os traballos de fin de semana e festivos "como método habitual de traballo". O sindicato resalta a "importancia deste acordo", que, defende, impulsará unha "rotunda mellora" das condicións dos traballadores, se ben admite que é "un primeiro paso para dignificar a súa situación laboral".
"Máis viva que nunca"
 
Despois dun mes de loita e tras un empoderamento colectivo que animou miles de empregados a ir ata o final para rematar coa precariedade, estes acordos, valora Bel, "son unha miseria". O sindicalista afirma que entre os folguistas hai un grande enfado cos sindicatos maioritarios, "que non quixeron vir ás asembleas e agora pactan "polas costas". Admite que o pacto de UGT e CCOO coas subcontratas pode facer diminuír a mobilización: "Terá influencia. Algúns decidiron que con estes traidores non paga a pena loitar, pero máis do 50% continuamos".
 
Non obstante, Aitzol Ruiz de Azúa, presidente do Comité de Empresa de Cotronic -unha das empresas subcontrata-, asevera que "a folga está máis viva que nunca". "Xa non é o que comezou como unha folga de subcontratas, o pobo fíxoa súa e é a folga dos movementos sociais e obreiros contra a precariedade e a escravitude das multinacionais no século XXI", subliña.
 
Ruiz de Azúa é moi crítico con UGT e CCOO: Non nos representan dende o principio. En ningún momento quixeron saber nada das nosas reivindicacións, o cal se demostra en que na súa convocatoria de folga pedían cousas distintas das que solicitabamos os folguistas que estamos a sufrir a situación,". Non son os sindicatos dos traballadores, teñen outros intereses", sentencia o representante dos traballadores de Cotronic, que subliña que o apoio popular que obtivo a protesta "está a lograr encher as caixas de resistencia, o que fai posible que continuemos,".
 
Este martes, representantes dos comités de folga entrevistáronse con membros de Podemos no Parlamento Europeo, que lles trasladaron o seu apoio. Tamén contan co soporte dos grupos parlamentarios en Cataluña da CUP e ICV-EUiA. "Seguimos con forza", resume Bel.
 
La Marea
 
 
http://teleafonica.blogspot.com.es/p/cajas-de-resistencia.html
 
Despois dunha traizón máis dos sindicatos maioritarios CCOO e UGT, os e as traballadoras das subcontratas telefónica-movistar seguen en folga indefinida para reclamar algo tan lóxico e coherente como unha retribución e unhas condicións laborais, acordes co seu traballo e coas horas traballadas. Fai uns anos certos personaxes agora no ollo do furacán como o noso compi Rato, favoreceu e axudou á privatización da empresa... E xa sabemos que pasa cando o capital privado mete o seu fociño en calquera lugar.... Que os grandes cargos empezan a gañar máis diñeiro e a fichar figuras o mar de curiosas como conselleiros (que aconsellará como dar por cu digo eu, non?) pero a custa da precarización e a explotación laboral dos traballadores, o motor da devandita empresa, o que pon en funcionamento e fai o mantemento da liña que ABOSULTAMENTE TODOS utilizamos diariamente.
 
Por iso mesmo non podemos ser tan hipócritas, e deixar de lado unhas persoas que literalmente son escravas, con contratos lixo e con miles de estraperlos legais para levar a súa faena á economía somerxida, faena que nos afecta a todos diariamente ademais! Así que dende Tintactiva queremos mostrar o noso apoio aos e ás traballadores en folga indefinida, así como mostrar nosa admiración e máximo respecto. CONTRA A PATRONAL, NIN UN PASO ATRÁS! LOITA OBREIRA!
 
AQUÍ TEDES UNHA PÁXINA COAS CAIXAS DE RESISTENCIA DAS DIFERENTES ZONAS QUE SECUNDARON A FOLGA, XA QUE PRECISAMENTE FOLGA É NON TRABALLAR... CO CAL NON COBRAR, ESTA XENTE ESTA FACENDO UN ENORME SACRIFICIO PARA RECLAMAR SINXELAMENTE O QUE LLES PERTENCE! ASÍ QUE SEXAMOS XUSTOS E APOIEMOS A SÚA LOITA!
REVOLUCIÓN DAS ESCALEIRAS! A FOLGA CONTINUA!!!!

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript