Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
 

Atención ao doente no Hospital Materno Infantil

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que somos parte ven de facer público o seguinte comunicado:

 

  • Noticias relacionadas

Tralo escrito que fixemos á Xerencia de Xestión Integrada, polas queixas de doentes ante a imposibilidade de presentar reclamacións no  hospital Materno Infantil da Coruña, solicitando a reapertura da oficina de atención ao doente, e tras 9 meses dende que o enviamos,  recibimos contestación de parte da Subdirección de Atención ao Doente e Calidade onde se fala de que calquera centro de saúde ten un punto de recollida de reclamacións, e que, concretamente no Hospital Materno Infantil, tanto a Dirección dese hospital, como as Supervisoras de enfermaría recollen as mesmas.
 
Ao parecer isto non é o que está a suceder, segundo nos confirman algúns doentes e profesionais consultados. Non se están a recoller reclamacións nese centro hospitalario, os profesionais consultados descoñecen esta norma. Ao doente entrégaselle unha folla de reclamacións que ten que presentar no CHUAC.
 
Por todo isto, volveremos a esixir a reapertura da oficina de atención ao doente, non só como mero punto de recollida de reclamacións ou suxestións, senón como centro de información para aclarar tódalas cuestións que aos doentes se lle presenten na súa estadía nese centro hospitalario.
 
E con este motivo, a vindeira semana presentaremos un novo escrito coa devandita solicitude.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript