Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN
 

O arquivo da causa das "tarxetas blacks" ou a implacable "intuición popular"

Se algo non fallou neste país ao longo dos dous últimos séculos é iso que algúns denominan a "intuición popular". Invariablemente, ante os sucesos, latrocinios ou fraudes protagonizadas por algún membro da casta política gobernante ou das clases sociais hexemónicas o ditame dos cidadáns da pé, acerca de cal vai ser o desenlace, adoita ser implacablemente atinado.

 

  • Noticias relacionadas

Se alguén pertencente ás clases podentes é sorprendido nalgún crime, fraude ou desfalco, a intuición popular funciona de xeito automático, augurando con toda precisión que é o que vai rematar sucedendo co infractor. Diríase que o pobo español, ao longo dos últimos séculos, rematou herdando unha sorte de xene que lle permite facer diagnósticos xeniais sobre cal será a sorte que correrán os transgresores que forman parte da elite.
 
Toda esta entradilla vén a conto de que a Audiencia Nacional rematou arquivando a causa aberta polas "tarxetas black" de Caixa Madrid. Sen que a sorpresa sobresaltase a ninguén, este martes deuse a coñecer que a causa aberta contra o ex xefe da Casa do Rei, Rafael Spottorno, e outros 11 ex directivos desa entidade financeira foi definitivamente arquivada.
 
Pero o mesmo que as clases populares foron urdindo no seu mapa xenealóxico a capacidade para intuír que é o que non lles sucederá nunca aos poderosos, tamén os representantes das clases poderosas aprenderon como deben administrarse as noticias para evitar provocar iso que eles chaman "alarma social". Quizais por iso, á mesma vez que a Audiencia Nacional anunciaba o arquivo da causa, deixaba entreaberta unha pequena porta para que a indignación popular puidese dispoñer dunha "válvula de escape" a través da cal puidese sosegarse a súa iracundia. Dese modo, aínda que a Audiencia Nacional declarase arquivadas as causas contra o atallo de bergantes que administraron liberrimamente as súas multimillonarias tarxetas black, engadiu consoladoramente que se "mantiña a causa a título lucrativo" contra os personaxes involucrados.
 
E cal é o razoamento xurídico no que se fundamenta a exoneración? O maxistrado da Audiencia Nacional argumenta que os imputados puideron demostrar que o gastado coas súas 'tarxetas black' era un complemento retributivo e de libre disposición para os seus usuarios. Como quen dá carne ás feras, o xuíz precisou que, mantendo o "título lucrativo" abríase a posibilidade de que os usuarios das tarxetas blacks tivesen que devolver o subtraído. De maneira que todos tranquilos, a administración equitativa da Xustiza queda garantida. Os bergantes non irán ao cárcere, pero terán que devolver o que se embolsaron. Todos podemos estar xa contentos.
 
Segundo recordan as Axencias de prensa, entre os doce exonerados ventiláronse en gastos persoais - salas de masaxe, lupandas, viaxes, bragas... etc. - nada menos que a chilindrada de 3,4 millóns de euros. Imaxínase o lector o número de desafiuzamentos que puideron pararse con estas "simples bagatelas" para caprichosos "gastos persoais"?
 
POR MÁXIMO RELTI / CANARIAS SEMANAL

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript