Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - ELECCIÓNS SINDICAIS -XUNTA DE PERSOAL
 

Sempre do teu lado!

Estes días pasados percorremos os centros e servizos da universidade, non só para pedir o voto, tamén conversamos coas compañeiras e compañeiros sobre os asuntos que son do seu interese ou que máis lles preocupaban, escoitamos as queixas, sobre o funcionamento institucional e, tamén, sobre os erros cometidos nestes catro últimos anos, algún houbo.

 

  • Noticias relacionadas

Nas conversas que mantivemos os temas que máis se reiteraron foron: a Relación de Postos de Traballo, a carreira profesional, a recuperación dos dereitos que nos roubaron, a formación, listaxes de agarda, a comparación coa situación na que viven os compañeiros e compañeiras das outras universidade galegas, a situación particular de cada quen... Tomamos nota de todas as indicacións que nos transmitistes e comprometémonos:
 

·         A manter unha relación directa e periódica con todo o colectivo, repetindo visitas como as que fixemos en campaña electoral para reforzar o vínculo con todos e todas as compañeiras e compañeiros.

 

·         Na APA xa reivindicamos diante do xerente a equiparación coas outras universidades galegas en xornada e permisos. Á vista do silencio institucional incidiremos nesta reclamación.

 

·         Seguiremos reivindicando diante da Xerencia a formación precisa para que, despois dun concurso, cando se produza a toma de posesión da praza que corresponda se coñezan os aspectos técnicos e a normativa do traballo a desenvolver.

 

·         Comprometémonos na defensa da dignificación do traballo que realizamos, moitas veces en condicións ben precarias, rexeitando o intrusismo profesional doutros colectivos como o PDI e empresas externas.

 

·         Homoxeneidade entre as escalas na RPT, no aspecto organizativo, con xefaturas desenvolvidas por PAS, barrado de todos as categorías a dous grupos, asegurar a carreira profesional en todas as escalas de igual maneira...

 

·         Para que o movementos das listas de agarda, respecto das prazas vacantes, sexa máis coherente impedindo o agravio para as/os que ocupan nelas os primeiros postos, é imprescindible que, logo dun concurso ningún funcionario/a de carreira tome posesión do novo posto desde outro ocupado con carácter provisional, senón que o faga desde o que ten en propiedade.

 

·         Tamén, como sinalamos nas conversas mantidas, é imprescindible dignificar a representación das traballadoras e traballadores, non podemos lexitimar na RPT as imposicións da Xerencia que cambia denominacións e funcións de postos sen, nin sequera comunicarllo á Xunta de Persoal. A Xunta de Persoal ten que estar presente en todas as reunións onde se poidan establecer procedementos que afecten ás funcións que deben desenvolver as traballadoras e traballadores (a APA propuxo na Xunta de Persoal, e todos os sindicatos estiveron de acordo, estar presentes nas reunións da Xerencia co persoal das UADI's, pero a Xerencia negouse en rotundo). Seguiremos loitando.

 

·         Desde a APA propiciamos a convocatoria de mobilizacións, co resto dos/das traballadores/as da administración pública, contra os recortes de dereitos económicos, laborais e sociais impostos desde os gobernos central e autonómico e, contra os recortes impostos directamente polo reitor da universidade. Nesta nova andaina toca loitar pola recuperación de todo o que nos roubaron.

 

·         Somos, tamén, por definición unha alternativa asemblearia, polo tanto, todas as decisións que se tomen contarán coa túa participación porque A ASEMBLEA MANDA!

 
De todas estas cousas e outras moitas máis falamos nas conversas que mantivemos estes días. En todos os casos quixemos significar que todo o que se contempla no programa que repartimos só o poderemos defender ou conseguir desde a unidade e a mobilización do colectivo, porque ninguén nos vai a regalar nada.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript