Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Crece a fraude dos traballos fin de grao: xa hai negocios explícitos na rede

" Queres ter mais tempo para o teu ocio? Realízanse traballos, prácticas e proxectos fin de grao de contabilidade, estatística, economía, carreiras de humanidades e ciencias. Facemos buscas temáticas, compilación de fontes bibliográficas,". Este é un dos anuncios que se poden encontrar en páxinas como Tablondeanuncios.com ou Milanuncios.com, nas que cada día se publican uns 30 anuncios e sempre con "garantías de éxito".

 

  • Noticias relacionadas

Na sección de clases particulares aparecen centos de ofertas. O primeiro contacto establécese a través do portal e despois a través do correo electrónico ou whats app.
 
Hai propostas de traballos fin de grao (TFG, equivalente ao proxecto fin de carreira) puntuados con matrícula de honra a partir de 250 euros, á medida segundo titulación e páxinas a partir de 500 euros ou, mesmo para doutorados, que poden chegar aos 800 ou 1.000 euros. Pódese encontrar todo tipo de traballos, ata pasar a limpo apuntamentos de clase tomados a man.
 
Crise e suba de taxas
A crise, a falta de emprego e a suba de taxas fixo que o mercado ilegal destes traballos se incrementase. De feito, hai moitos profesionais de distintas disciplinas como profesorado especializado e estudantes que ofertan os seus servizos.
 
Así, unha investigadora que se denomina asesora docente ten tarifas estandarizadas: resumos de libros a nivel universitario: 50 euros cada un, TFG dende cero: 500 euros dependendo do tema, número de páxinas e posibles desprazamentos a bibliotecas a consultar material. Mellora de TFG: a partir de 150? euros. En ambos os dous casos inclúe maquetación e revisión de bibliografía. TFM dende cero: a partir de 600 euros e a súa mellora a partir de 250 euros. Se se require apoio en tese doutoral o pagamento é dunha cantidade fixa mensual (con permanencia mínima de dous meses). Tamén ofrece un servizo de tradución de materiais.
 
Noelia García El Economista

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript