Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  EDUCACIÓN
 

O estado español, cunha taxa do 21,9%, líder da UE en abandono escolar prematuro

O estado español, cunha taxa do 21,9% de mozos entre 18 e 24 anos que abandonaron prematuramente o sistema educativo despois de completar como moito o primeiro ciclo de secundaria, lidera a Unión Europea en fracaso escolar.

 

  • Noticias relacionadas

Esta porcentaxe duplica a media comunitaria (11,1%) e está aínda moi lonxe do obxectivo para o estado español de reducir o abandono escolar ao 15% de aquí a 2020, segundo un informe publicado este luns pola oficina estatística da UE, Eurostat.
 
A proporción de fracaso escolar é moi superior entre os homes (25,6%) que entre as mulleres (18,1%), de acordo cos datos de Eurostat.
 
Xunto ao estado español, os países da UE con maior taxa de fracaso escolar son Malta (20,4%), Romanía (18,1%), Portugal (17,4%) e Italia (15%). No extremo contrario, as menores proporcións de abandono escolar prematuro rexístranse en Croacia (5,4%), República Checa (5,5%) e Lituania (5,9%).
 
Entre os grandes países da UE, as taxas de abandono escolar oscilan entre o 8,5% de Francia, o 9,5% de Alemaña e o 11,8% de Reino Unido.  
 
EUROPA PRESS Bruxelas

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript