Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ECOLOXÍA
 

Preocupación ante a posible chegada de máis fuel ás costas de Tenerife e Gran Canaria

Pequenas manchas de fuel poderían tocar en torno a este 1 de maio as costas de Gran Canaria e Tenerife. Así o indica un modelo matemático elaborado por investigadores da Universidade Complutense de Madrid.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo explicou un dos seus responsables, o matemático Benjamín Ivorra, a maior parte da mancha avanzará cara ao sueste de Gran Canaria e cara ao sueste de Tenerife.
 
Non obstante, haberá rastros de fuel que si poden chegar ás costas tinerfeña e grancanaria, polo que é "aconsellable" vixiar as zonas marítimas entre o sueste de Tenerife e o sueste de Gran Canaria, mobilizando de forma preventiva equipos de limpeza terrestre e marítima cara ás praias que poderían verse afectadas.
 
"Este modelo matemático xa demostrou a súa fiabilidade co accidente do Prestige" -subliñou Ivorra, quen engadiu que a contaminación pode alcanzar zonas de alta mar "moi ao sur da Canarias", a uns 250 quilómetros.
 
O modelo deseñado polos investigadores do departamento de Matemática Aplicada e do Instituto de Matemática Interdisciplinar da Complutense non mostra que Lanzarote e Fuerteventura vaian verse afectados pola vertedura.
 
As variables empregadas foron a velocidade e dirección das correntes e ventos mariños, ademais de determinadas características do petróleo, como a súa densidade e difusión na auga.
 
Tamén tiveron en conta a posición do barco e o fluxo da vertedura, a partir de datos publicados polo Ministerio de Fomento.
 
"Calquera cambio nas predicións debe ser incorporado ao modelo. No caso de temporal e ventos máis fortes habería que repetir as simulacións para calcular o impacto sobre a traxectoria que acabamos" de "predicir" - puntualizou Ivorra.
 
Se o temporal fose excesivamente forte, o modelo -no que tamén participaron científicos da Universidade Nacional Autónoma de México e da Universidade de Houston (EEUU)- non serviría, porque intervirían fenómenos físicos que non se tiveron en conta no seu deseño.
 
No caso do Prestige, anos despois do desastre ambiental, a ferramenta demostrou que os seus cálculos encaixaban coa evolución real, ao comparar os datos matemáticos con imaxes de satélites e outros datos históricos.
 
"Isto tende a confirmar que, se hai bos datos, o modelo avanza de forma razoable a evolución das manchas de petróleo" - destacou neste sentido, Ángel Manuel Ramos, coautor do traballo.
 
Canarias Semanal

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript