Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271- 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A Xerencia xa dixo a última palabra sobre a RPT
Hai unha tempada, cando convocastes asembleas recibimos este correo:
“Os representantes de CCOO, CIG, CSIF e UGT , presentes na Xunta de Persoal de PAS Funcionario, queremos informar que o proceso de negociación da modificación parcial da RPT coa Xerencia aínda non está concluída.
Para nós, é preciso ter unha proposta definitiva antes de presentar a todo o PAS o documento final. Estamos a traballar, buscando o máximo consenso posible, para que esta modificación parcial da RPT sexa a máis beneficiosa para o noso colectivo.
Está previsto que este proceso remate nos vindeiros días, e será a Xunta de Persoal como órgano de representación do PAS Funcionario, quen presente e informe a proposta final ao colectivo.”
A negociación da RPT xa concluíu. Imos elixir nova Xunta de Persoal e aínda non sabemos a súa opinión sobre esa proposta final.

 

Programas electorais
Dos programas electorais da CIG e CSIF podemos concluír que votarían contra a proposta de RPT?. No da CIG vense a sinalar que queren rematar coa inxerencia de PDI’s en prazas de PAS e, cando se reasignaren terán  que ser revisados os complementos deses postos. A CSIF fala de “promover” que os postos de máxima responsabilidade sexan ocupados por PAS. Como o que din estes dous sindicatos non se establece na proposta do xerente, supoño que non aceptarían a RPT. Digo ben?. Porque non falan claramente da proposta de RPT?.

Sen unidade non conseguiremos nada
Non fai falta máis que mirar o noso redor para decatarnos de que, das tres universidades galegas, somos as que en peor condicións estamos. Non temos intercambio de vacacións, recortóusenos a acción social, menos días de asuntos particulares, períodos de xornada reducida máis pequenos..., todo iso recortóusenos en época de goberno teoricamente progresista e con presenza de persoas próximas ao “nacionalismo de esquerda”. Esta circunstancia foi unha lousa que impediu a necesaria unidade do PAS para dar a resposta que fixese cambiar a situación. O sinalado evidencia que os recortes que nos impuxeron non son só culpa dos gobernos de Madrid e Santiago. Só coa unidade cambiaremos as cousas.

Semana electoral
A campaña electoral chegou ao meu centro. Por aquí fostes pasando todas as candidaturas. Vós aínda viñestes nesta tempada dúas veces e convocastes asembleas, o resto parece que colleron carreiriña coma os candidatos políticos que se achegan aos electores só en campaña. Unha vergoña.

Programas. A historia de sempre
Ler os programas electorais fai que sempre se me veña á cabeza a mesma pregunta. Cómo se van conseguir todos os obxectivos que se escriben nos programas?. Onde está a receita que nos libere dos recortes (non fomos capaces de evitalos), para pasar a conseguir quinquenios etc. etc. etc.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript