Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO!
 

Convocatoria, sábado 9 de maio no Paseo Marítimo da Coruña

O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo.

 

  • Noticias relacionadas

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014.
 
Nembargante, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
 
E mentres as persoas morren.
 
¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?
 
- Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.
 
Convocatoria abierta:
Amnistía Internacional
Foro Galego da Inmigración
SOS Racismo
ONG Viraventos
Mundo sen guerras e sen violencia
Asociación Veciñal Agra do Orzán
Comunidade Cristiana Vangarda Obreira

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript