Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 03/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT. Reunión coa Xerencia e da Xunta de Persoal

O pasado día 28 de abril tivemos reunión co xerente para falar esencialmente da RPT, aínda que aproveitamos para tratar outros asuntos. A Xerencia presentou as modificacións que vos comunicamos no PASquín anterior sinalando que agardaba que a proposta presentada propiciase un acordo, senón unánime, si maioritario da Xunta de Persoal. Indica, tamén, que ten coñecemento de que inmediatamente despois a Xunta de Persoal ten reunión e que agarda a resposta.

 

  • Noticias relacionadas

Aprovéitamos a reunión coa Xerencia para, desde a APA sinalar un erro na RPT remitida xa que o posto 144, destinado na Conserxaría Elviña 2, figuraba como pertencente ao Campus de Ferrol. (Un erro que se solucionará)
 
Tamén sinalamos que estes últimos anos o persoal da escala técnica con quenda partida durante todo o ano excepto nos meses de verán (do CITEEC e do CIT) teñen problemas á hora de que a Xerencia respecte o seu dereito á xornada continua durante os meses de xullo e agosto. Este ano volve a ocorrer a mesma circunstancia. Reclamamos ao xerente que tome as medidas oportunas para resolver a situación. (O xerente quedou en estudar a situación)
 
Reunión da Xunta de Persoal
 
Posteriormente á reunión coa Xerencia a Xunta de Persoal reuniuse para tomar unha determinación sobre a proposta recibida. Despois dunha rolda de intervencións acordouse remitir á xerencia a resposta xa coñecida polo colectivo:
 
“A Xunta de Persoal, por unanimidade, entende que, debido á cercanía das eleccións do 6 de maio, é a nova Xunta de Persoal resultante destas, a que debe retomar as negociacións e decidir sobre esta proposta.”

Sinalar que, aínda que é certo que non procede, nesta circunstancia, que a Xunta de Persoal tome unha decisión,sobre a proposta presentada, principalmente porque xa non hai tempo para sometela á decisión do colectivo antes das eleccións sindicais, si que creemos que sería apropiado que cada sindicato indicase a súa posición ao respecto (até o de agora so a APA a fixo pública) porque consideramos eticamente reprobable que nunha campaña electoral para elixir unha nova representación do colectivo, se oculte ao PAS funcionario a consideración, que cada candidatura ten, sobre un tema tan transcendente.

Na APA xa nos pronunciamos, unha e outra vez, pero recorda, se nos votas, a última palabra terala ti.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript