Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  QUEREMOS GALEGO
 

Reunión preparatoria da mobilización do 17 de maio

A convocatoria deste ano terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua. Para a preparación da mobilización na Coruña, Queremos Galego remitiunos a convocatoria que vos xuntamos.

 

  • Noticias relacionadas

“Como sabedes, na última reunión da plataforma a nivel nacional tomouse a decisión de facermos mobilizacións comarcais con motivo do próximo Día das Letras polo que pola presente vos convocamos a unha reunión o martes 5 de maio ás 20:00 no local da Asociación de Viciños de Monte Alto (Campo de Marte, s/n) para falarmos do que podemos facer na Coruña.
 
Agradecendo de antemán a túa atención, aproveitamos para che enviar un saúdo.”

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript