Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE-ESTAFA
 

A gran banca obtén en tan só tres meses 4.138 millóns de beneficios

A crise económica non só non deixou de pesar sobre a inmensa maioría dos cidadáns españois, senón que os seus efectos agrándanse ao desaparecer para moitos deles as prestacións sociais por desemprego que ata o momento gozaban.

 

  • Noticias relacionadas

Non obstante, informou este mesmo xoves a axencia de prensa Europa Press, os seis grandes da banca, Banco Santander, BBVA, Caixabank, Sabadell, Bankia e Popular, chegaron a rexistrar un beneficio neto de 4.138 millóns de euros en só os tres primeiros meses do ano. Iso supón nada menos que un incremento do 67,5% en relación ao mesmo período do pasado ano de 2014.
 
O banco da familia Botín, o Santander, foi o que máis ganancias obtivo, ao lograr uns beneficios de 1.717 millóns de euros. En relación co pasado ano, durante o mesmo período, o Santander incrementou os seus beneficios nun 32%.
 
Estes resultados permiten traducir en termos económicos, que contrariamente ao que de xeito reiterado anuncia o goberno ultraconservador de Rajoy, o suposto "alivio" dos efectos da crise en España, só afectou á Gran Banca, mentres o resto da poboación continúa sufrindo dramaticamente as súas peores consecuencias.
 
Canarias Semanal

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript