Abril de 2015
 
 

NÚMERO 271 - 04/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

1º de Maio: Unindo forzas para a folga xeral

Como cada ano, a CUT manifestouse este Primeiro de Maio de xeito unitario xunto coas outras centrais sindicais que representan unha alternativa ao sindicalismo hexemónico, perfectamente integrado no sistema, e garante da paz social.

 

  • Noticias relacionadas

A manifestación unitaria (contou coa presenza da CUT, CNT, CGT, STEG, Sindicato de Xornalistas, Sindicato Ferroviario e o Sindicato de Elevación), foi a máis concorrida dos últimos anos ao contar coa presenza de máis de mil persoas, percorreu as rúas máis céntricas da Coruña, tivo como lema PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE. As consignas máis coreadas foron: “Obreiro/a que non loita ninguén o/a esciuta”, “Viva a loita da clase obreira”, “O pobo ten dereito a pan, traballo e teito”, “Violencia é non chegar a fin de mes”, “A loita é o único camiño”, “Contra o sistema que fode a nosa vida, folga xeral indefinida”...
 
O manifesto final da manifestación leuno unha traballadora despedida de Atento.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript