Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - ELECCIÓNS SINDICAIS -XUNTA DE PERSOAL
 

APA. Presentación da candidatura

O venres pasado a Alternativa de PAS Asemblearia remitiu á lista de distribución de correo do PAS a presentación da candidatura electoral á Xunta de Persoal, Na reunión da Mesa Coordinadora (14/04/2015) que aprobou, de xeito provisional as candidaturas presentadas xa sinalamos que “o representante da agrupación independente APA (Alternativa de PAS Asemblearia) renuncia a financiar a súa propaganda electoral a cambio de realizala cos medios da UDC.”

 

  • Noticias relacionadas

 

Como sabedes a Universidade pon a disposición das candidaturas electorais unha cantidade de diñeiro coa que afrontar a campaña aos órganos de representación. A APA acometerá a campaña sen gastar nin un só euro.
 
Procederemos a comunicarvos tanto o programa electoral como calquera outra circunstancia que consideremos pertinente a través do correo electrónico, pese a esta circunstancia visitaremos os centros e falaremos coas compañeiras e compañeiros para, entre outras cousas, facer este proceso de xeito máis próximo.
 
Á hora de editar este boletín aínda non se difundira polo correo da universidade a presentación da candidatura. Deixámosvos o acceso á mesma.
 
VIDEO RELACIONADO

 

 


 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript