Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A precariedade dos técnicos de Telefónica: 600 euros ao mes por sete días á semana

A última rebaixa salarial precipitou unha folga que multiplicou as queixas dos usuarios e deixou sen servizo a varios municipios.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os traballadores que instalan telefonía para Movistar seguen en pé de guerra. Segundo relatan fontes sindicais, a situación dos traballadores xa era mala, pero foi a peor. Anteriormente, o nivel salarial podía alcanzar os 800 ou 900 euros, traballando de luns a sábado. Aseguran que actualmente un traballador pode destinar os sete días semanais aos servizos de Telefónica para cobrar pouco máis de 600 euros a final de mes. Os contratos revisáronse á baixa.
 
Condicións precarias

Os sindicatos entenden que a estrutura utilizada pola compañía está pensada para favorecer a precariedade. Hai, de entrada, unha distinción entre os traballadores de Telefónica e as contratas que provocou denuncias dos propios empregados durante a folga. Acusan a compañía de intentar cubrir o traballo que deixaban de facer os folguistas co seu propio persoal. Este sistema, segundo os sindicatos, é habitual na compañía.
 
A iso súmase a multiplicidade na tipoloxía de contratos que atinxe ao mesmo servizo e que vai desde os autónomos a contratos por obra e servizo, xunto a distintos modelos de temporais. Os traballadores reciben instrucións da tarefa a realizar e desprázanse para levar a cabo o traballo, no caso dos autónomos, asumindo os gastos de transporte e poñendo o material. Os empregados de Telefónica para o mesmo servizo teñen un convenio propio con mellor nivel salarial.
 
Dispáranse as queixas
Telefónica desmarcouse da negociación e descargou a responsabilidade nas subcontratas, pero o certo é que a folga impactou na súa imaxe e servizo. As queixas ao servizo de atención ao cliente Atento por avarías disparáronse durante o paro, pasando a supoñer preto do 50% das consultas realizadas cando anteriormente non superaban o 10%, informa El Pais.
 
O municipio catalán de Torrelameu estivo unha semana sen servizo, esperando a que reparasen o cable de rede.
 
Recollido de Economíadigital

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript