Número 270 - 27 de abril de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

RPT. Última proposta da Xerencia

    O pasado día 23 de abril o xerente remitiu a proposta que, segundo parece, será a definitiva. O xerente convoca, de paso, reunión da Comisión Negociadora da RPT para o día 28. A posición da Xerencia dista moito de aproximarse ao que nós entendemos poderiamos aprobar.

 UNIVERSIDADE - ELECCIÓNS SINDICAIS -XUNTA DE PERSOAL
    O venres pasado a Alternativa de PAS Asemblearia remitiu á lista de distribución de correo do PAS a presentación da candidatura electoral á Xunta de Persoal, Na reunión da Mesa Coordinadora (14/04/2015) que aprobou, de xeito provisional as candidaturas presentadas xa sinalamos que “o representante da agrupación independente APA (Alternativa de PAS Asemblearia) renuncia a financiar a súa propaganda electoral a cambio de realizala cos medios da UDC.”
LOITA OBREIRA

    Neste 1º de Maio a clase traballadora, nosoutras, continuamos a loita contra a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética, a falla de vivendas. Sobran os motivos para a mobilización.

COMUNICADO DA PLATAFORMA GLOBAL CONTRA AS GUERRAS

    A Base Aérea de Torrejón deixou de ser utilizada pola forza aérea dos Estados Unidos hai bastantes anos, cumprindo dende entón o seu papel como un dos principais centros de operacións da defensa aérea do Estado.

SOCIEDADE

    A Marea Granate, que agrupa emigrantes españois no estranxeiro, e o colectivo Yo Sí Sanidad Universal, puxeron en marcha unha campaña para denunciar a exclusión do sistema sanitario dos cidadáns españois que se viron forzados a saír do país en busca de traballo.

SON INSACIABLES

    O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, resaltou que a economía española "se está a recuperar moi ben", pero sinalou que o Goberno de Mariano Rajoy debe facer máis reformas, en particular no mercado laboral e o sistema tributario.

LABORAL

    A empresa de atención telefónica perdeu preto de 500 traballadores nun goteo constante de despedimentos e mobilizacións pola precarización das condicións laborais.

LABORAL

    A última rebaixa salarial precipitou unha folga que multiplicou as queixas dos usuarios e deixou sen servizo a varios municipios.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    A corrupción estrutural parécese cada vez máis a un sistema de incentivos como o que usan as grandes empresas cos seus executivos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 30 de abril, co resultado das últimas eleccións ao Claustro Universitario, constituirase o novo Consello de Goberno. A APA ocupará todos os postos que, en representación do Claustro, ten o noso colectivo. Poñémonos coma sempre, ao voso dispor para transmitir neste órgano colexiado as vosas reivindicacións, problemas e aspiracións. Tamén nos comprometemos a seguir informándovos do que nel aconteza.
 COMUNICADO DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT
    Diante do anuncio do ministro de Xustiza da “paralización” da entrega do Rexistro Civil aos rexistradores e da apertura dun proceso de negociación, Alternativas na Xustiza-CUT considera que para que resulten cribles as declaraciones do ministro deben de ir precedidas de medidas concretas que acrediten a vontade negociadora dunha persoa que non tivo reparo ningún en mentir en todas as súas intervencións públicas en defensa da “privatización” do Rexistro Civil.
 NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
    Hoxe seguen a se despexar novos datos sobre o número de vítimas mortais do último accidente no Canal de Sicilia, onde vén de afundir nesta fin de semana un barco con máis de 900 traballadoras e traballadores. Neste momento fálase de máis de 800 mortes directamente causadas polas políticas antipersoa dos diferentes estados da Unión Europea, entre eles o Reino de España.
 ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA DO PRIMEIRO TRIMESTRE
    Segundo a EPA do 1º trimestre o desemprego aumentou nun 4,5% respecto do trimestre anterior , o que supón que 11.900 persoas incrementasen a lista de desempregad@s na que xa se apuntaron 275.500 parad@s en Galicia.
 SOCIEDADE
    Greenpeace denunciou que existen varios "regueiros paralelos que se achegan á costa", provenientes da vertedura provocada polo afundimento do Oleg Naydenov a noite do pasado 14 de abril. "A situación do litoral podería empeorar drasticamente", alerta a organización ecoloxista, que mandou a un equipo a acompañar o helicóptero de Protección Civil do Goberno de Canarias para documentar a situación.
 INTERNACIONAL
    A loita dos estudantes e profesores italianos contra a reforma da educación pública do Goberno de Matteo Renzi continúa. A poucos días da celebración dunha folga xeral, os docentes volveron saír ás rúas de Roma en defensa da escola pública.
 LINGUA
    Marcos Maceira: “cómpre manter a resposta social, o activismo diario e a mobilización para que se produza a mudanza a favor do galego”. “A lingua galega non precisa propaganda hipócrita orientada a rebaixar acordos unánimes. Precisa accións reais e inmediatas para podermos vivir en galego con total normalidade”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      ELECCIÓNS

       
        EN CAMPAÑA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript