Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270- 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Que pasa coa RPT?
O xerente quedou en pasar unha última proposta de RPT. Se sigue retrasando a entrega a proposta xa lla dará á nova Xunta de Persoal. Por outra parte, non entendo como o resto de sindicatos presentes na negociación non fan públicas as súas consideracións. Espero que non teñamos que agardar á asemblea comprometida para coñecelas.

 

As mortes no Mediterráneo
O outro día lin en El Diario, un artigo dunha periodista especializada en temas internacionais e que estivo presente en Libia no momento da intervención da OTAN, sinalaba que: "A intervención militar da OTAN, coa cooperación especial de Reino Unido e Francia, matou civís, dividiu o país, armou a grupos yihadistas, apostou por gobernantes que ningún quereriamos para nós e trouxo o caos. Miles de persoas foron perseguidas, arrestada, torturada e asasinada. " Non lles pode parecer raro que a xente queira escapar desa zona de persecución, morte e destrución. Primeiro crean o avesporeiro e despois quéixanse de que algo lles pica. Vergoña.

O poder da información
O punto decisivo a reflexionar é o do principio de autoridade, que fai que unha persoa pouco informada e pouco formada no seu sentido crítico se deixe levar dos que se presentan como autoridades cribles na materia de que se trate, neste caso a política. Os dous grandes partidos do réxime, de forma destacada o PP, utilizan as poderosas formas de persuasión de que dispoñen para facer crer á xente que o seu é a verdade e a estabilidade e que o demais é o caos. As súas mensaxes xa non coan entre as capas da cidadanía máis conscientes do que sucede, o que é esperanzador pero non suficiente. Porque a crúa realidade é que a maioría da poboación apenas le e infórmase sobre todo pola tele, co que é nesa enorme franxa onde actúa e exerce efectos o argumento de autoridade. É, pois, urxente, que as forzas do cambio de sistema (non de recambios que nada cambian), se empreguen a fondo neste terreo, para estender a información veraz e o espírito crítico entre esa enorme masa de cidadáns que podería ser enganada polos cantos de serea dos partidos do sistema actual e acernar as posibilidades de futuro que excepcionalmente se nos ofrecen.

Escéptico
O problema deste país é que a nosa democracia saíu de 40 anos de ditadura, nos que a corrupción estaba asumida como parte do poder, e era imposible denunciar nada porque era ata imposta polo sistema. Coa chegada da chamada democracia (de cara ao mundo), os que debían ter rematado con esa mentalidade (partidos de esquerdas), abrazáronse alegremente a unha nova sociedade de snobs progreses, onde os maletíns e pagas encubertas voaban polos ministerios de Felipe González, e desas choivas chegan estas lamas, que xa case nos cobren ata a cabeza e faise difícil respirar. E con esta educación xudeo-católica que recibimos na que se consideran os pecados da bragueta moito peores que os da carteira, pois seguimos votando aos que levan roubándonos décadas, porque son os que teñen o diñeiro para convencernos de que iso é o mellor, o máis moderno, e que todos o fan, así que dá igual a quen votemos. Con este panorama e despois das eleccións andaluzas, teño moi poucas esperanzas de que isto cambie de verdade, e que tras este rosario de eleccións, se dediquen a botar unha nova capa de pintura para que a nosa democracia pareza máis nova, pero por dentro siga podrecendo coa nosa compracencia.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript