Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  COMUNICADO DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT
 

Non son suficientes as declaracións do ministro: As mobilizacións deben manterse até garantir que o Rexistro Civil non se privatizará

Diante do anuncio do ministro de Xustiza da “paralización” da entrega do Rexistro Civil aos rexistradores e da apertura dun proceso de negociación, Alternativas na Xustiza-CUT considera que para que resulten cribles as declaraciones do ministro deben de ir precedidas de medidas concretas que acrediten a vontade negociadora dunha persoa que non tivo reparo ningún en mentir en todas as súas intervencións públicas en defensa da “privatización” do Rexistro Civil.

 

  • Noticias relacionadas

 

Xa non nos fiamos do ministro Catalá e, polo tanto, non desbotamos que as súas declaracións sexan un intento de paralizar as masivas protestas contra a privatización do Rexistro Civil até despois da celebración das eleccións municipais.
 
Por iso consideramos necesario que, como premisa previa para o inicio de calquera negociación, se publique de xeito inmediato no Boletín Oficial do Estado unha nova “vacatio legis” da Lei do Rexistro Civil do 2011.
 
Nesta negociación, Alternativas na Xustiza-CUT apostará por un Rexistro Civil público, gratuíto e electrónico, dentro da administración de Xustiza e a cargo de funcionarios de Xustiza, garantía de independencia e imparcialidade.
 
En todo caso, durante este proceso, Alternativas na Xustiza-CUT manterá o seu apoio a todas as mobilizacións convocadas polos compañeiros e compañeiras do Rexistro Civil e invita á cidadanía a participar activamente nelas.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript