Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT. Última proposta da Xerencia

O pasado día 23 de abril o xerente remitiu a proposta que, segundo parece, será a definitiva. O xerente convoca, de paso, reunión da Comisión Negociadora da RPT para o día 28. A posición da Xerencia dista moito de aproximarse ao que nós entendemos poderiamos aprobar.

 

 

Barrado de categorías. A proposta do xerente establece literalmente;
 
“A este respecto, cómpre sinalar en todo caso que, co obxecto de garantir a máxima cualificación profesional para o seu desempeño definitivo, os postos de traballo que a continuación se detallan solo poderán ser cubertos mediante provisión definitiva por funcionarios de carreira do subgrupo A1 da correspondente subescala, de xeito que a súa cobertura por funcionarios da correspondente escala especial pertencentes ao subgrupo A2 sólo poderá realizarse mediante adscrición provisional (comisión de servizos, adscrición provisional ou reingreso), criterio éste que deberá de recollerse nas correspondentes bases de convocatoria dos procedementos de provisión definitiva. Estes postos de traballo son:
 

            - Técnico coordinador en Normalización Ligüística.

            - Analista SIC.

            - Técnico en teleformación.

            - Técnico en calidade.”

 
A Xerencia discrimina, deste xeito, ás traballadoras e traballadores das subescalas especiais deixando a maioría dos postos de superior nivel exclusivamente no subgrupo A1 mentres que nas escalas de Bibliotecas e de administración están barrados A1/A2, e logo, para rematalo, resulta que para a Xerencia o persoal destas subescalas son “competentes” para ocupar unha praza en Comisión de Servizos (período máximo de 2 anos) pero non para acceder a ela mediante o correspondente concurso, (apagamos os lumes pero convertémonos en cinzas). Deste xeito a Xerencia controlará o proceso de ocupación definitiva destas prazas.
 
Noutra orde de cousas, segundo se contempla na Memoria, hai apreciacións moi xenéricas que pretenden, sen conseguilo, xustificar as outras importantes e graves modificacións que o xerente quere impoñer na nova RPT (por exemplo: prazas as que se lles asignan novas funcións, ou lles cambian as que tiñan;  incomprensibles reorganizacións de unidades; prazas co mérito de idioma sen remuneración...)

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript