Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA DO PRIMEIRO TRIMESTRE
 

Galicia, o pozo do desemprego cada vez máis fondo

Segundo a EPA do 1º trimestre o desemprego aumentou nun 4,5% respecto do trimestre anterior , o que supón que 11.900 persoas incrementasen a lista de desempregad@s na que xa se apuntaron 275.500 parad@s en Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

A taxa de desemprego sitúase en Galicia no 21,8%. Por sexos, a taxa de paro feminino sitúase no 22,2% mentres que a masculina está no 21.5%. Entre as cidades a de maior taxa de paro é Ferrol cun 25,9%, mentres que na Coruña o paro increméntase, tamén, até chegar ao 17,5%. Todos os datos sinalados non teñen en conta o factor da emigración, unha válvula de escape que fai que se moderen, nalgunha medida, nas estatísticas oficiais unhas cifras escandalosas.
 
A Enquisa mostra do xeito máis cru a situación de miles de fogares con todos os seus membros en paro que en Galicia xa chegan aos 6.500. Tamén sinala a diminución da taxa de emprego na mocidade.
 
Os datos votan por terra os discursos grandilocuentes e valeira de contido toda referencia á recuperación económica. Mostra a realidade da situación en Galicia onde se perdeu definitivamente a taxa diferencial positiva que con respecto ao estado. O paro e a precariedade instálanse no “mercado laboral” na nosa terra, e a emigración volve a única saída para a mocidade.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript