Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  SON INSACIABLES
 

O Eurogrupo pide ao estado español que faga máis refomas neoliberais para seguir afundindo á xente na miseria

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, resaltou que a economía española "se está a recuperar moi ben", pero sinalou que o Goberno de Mariano Rajoy debe facer máis reformas, en particular no mercado laboral e o sistema tributario.

 

  • Noticias relacionadas

 

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, resaltou que a economía española " estase a recuperar moi ben", pero sinalou que o Goberno de Mariano Rajoy debe facer máis reformas, en particular no mercado laboral e o sistema tributario.
 
"A economía española estase a recuperar moi ben e por suposto España xa fixo moitas reformas, pero creo que pode facerse máis", afirmou Dijsselbloem á súa chegada á reunión informal de ministros de Economía da eurozona.
 
"As cuestións son coñecidas: no mercado laboral, reformas fiscais, etc. Pero o Goberno está a traballar niso, así que escoitarei o ministro" de Economía, Luis de Guindos, agregou Dijsselbloem.
 
O Eurogrupo examina este venres o informe elaborado polos inspectores da Comisión e do Banco Central Europeo a raíz da súa terceira visita de control a Madrid -que tivo lugar entre o 12 e o 18 de marzo- tras o fin do rescate bancario polo que España recibiu 41.300 millóns dos seus socios europeos, dos que quedan por devolver 38.500 millóns de euros. O Goberno xa reembolsou por anticipado 1.300 millóns de euros o ano pasado e outro tramo de 1.500 millóns en marzo. (E iso que non os ía pagar a cidadanía)
 
Neste informe, os inspectores avisan de que, malia a volta ao crecemento, persisten "desequilibrios significativos na economía española", en particular o paro e a elevada débeda, e piden ao Goberno que adopte "medidas adicionais" para reducir a dualidade no mercado laboral e que acelere outras reformas como a lei para liberalizar os servizos profesionais.
 
Do drama polo que están a pasar millóns de persoas no estado español, a consecuencia de, precisamente, esas reformas tan "positivas" realizadas polo goberno de Rajoy e esta "marabillosa" recuperación á que nos levou, nin unha soa palabra. Da perda de dereitos, sociais e laborais, que tales reformas trouxeron, menos aínda. O Eurogrupo debe estar encantado co papel que a actual España desempeña no marco da UE e todo o demais é secundario. Así que o goberno español debe seguir afondando no seu plan austericida, as súas reformas criminais que conduciron a millóns de persoas á pobreza e a exclusión social, e que o banquete de sangue non se deteña, que os vampiros da troika e os intereses económicos aos que representan teñen aínda moita fame...
 
Axencias
 
Recollido de Kaosenlared

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript