Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
 

Tráxicas xornadas para a clase traballadora

Hoxe seguen a se despexar novos datos sobre o número de vítimas mortais do último accidente no Canal de Sicilia, onde vén de afundir nesta fin de semana un barco con máis de 900 traballadoras e traballadores. Neste momento fálase de máis de 800 mortes directamente causadas polas políticas antipersoa dos diferentes estados da Unión Europea, entre eles o Reino de España.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os medios de comunicación, voceiros do poder, seguen preocupados en agochar baixo unha suposta inmigración abstracta e sen causa a responsabilidade dos diferentes estados capitalistas occidentais na creación de situacións de caos socioeconómico e político e suma pobreza que disparan fóra dos seus países a milleiros de traballadoras e traballadores, coas súas familias, ao tempo que pechan en bloque as fronteiras estatais convertendo o Mar Mediterráneo (entre outros) nunha foxa común.
 
Despois dun dramático 2014 con 4,868 mortes en diversos intentos de cruzar fronteiras ao longo do mundo perseguidos pola miseria, o Ministerio do Interior español compórtase como un auténtico sicario do discurso xenófobo e das políticas neoliberais endurecendo a súa política de exclusión e maltrato para as traballadoras e traballadores do sur, convertendo mesmo en protocolo o uso da violencia policial nas deportacións.
 
A CUT nestas xornadas tráxicas para a clase obreira fai un chamado á loita pola apertura inmediata de todas as fronteiras, pois o reverso desta medida é repetir unha e outra vez a traxedia.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript