Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Marchan en Italia en defensa da educación pública

A loita dos estudantes e profesores italianos contra a reforma da educación pública do Goberno de Matteo Renzi continúa. A poucos días da celebración dunha folga xeral, os docentes volveron saír ás rúas de Roma en defensa da escola pública.

 

  • Noticias relacionadas

 

Desde Milán, Turín ou Florencia. Os docentes italianos deixaron claro por segunda vez en menos dunha semana que se opoñen á reforma educativa do Goberno. Nesta ocasión, a través dunha xornada de folga e unha manifestación na capital convocada polos sindicatos autónomos USB, Unicobas e Anief, entre outros.
 
O primeiro ministro, Matteo Renzi, acusaba de "incomprensible" a folga do próximo 5 de maio, recordando a contratación de 100.000 profesores. En novembro, o Tribunal de Xustiza da UE sentenciaba que a normativa italiana sobre contratos a tempo determinado na educación é contraria ao dereito comunitario.
 
O Executivo, no texto presentado ao Parlamento, dá finalmente marcha atrás ao aumento de soldo en función dos méritos e non da antigüidade. Non obstante, os sindicatos denuncian que os xerentes poderán compensar economicamente os mestres sobre a base dos seus méritos.
 
Profesores chegados dende diferentes puntos do país percorreron as rúas da capital italiana para suspender a reforma do Goberno de Matteo Renzi e recordar que "a educación pública non se toca" e que seguirán "loitando para defendela.
 
Belén Alarcón/HispanTV

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript