Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  SOCIEDADE
 

Greenpeace: varios regueiros de fuel achéganse á costa canaria

Greenpeace denunciou que existen varios "regueiros paralelos que se achegan á costa", provenientes da vertedura provocada polo afundimento do Oleg Naydenov a noite do pasado 14 de abril. "A situación do litoral podería empeorar drasticamente", alerta a organización ecoloxista, que mandou a un equipo a acompañar o helicóptero de Protección Civil do Goberno de Canarias para documentar a situación.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Segundo as imaxes non hai dúbida que o fuel que está a chegar á costa provén do pesqueiro ilegal afundido", informou Greenpeace. Deste modo, as imaxes aéreas tomadas demostran, para a organización, a urxencia de extraer o fuel do buque e a necesidade de traballar nos tres focos de contaminación: a costa, o punto do afundimento e a mancha á deriva afastada do litoral.
 
"Cando vemos a vertedura na súa totalidade, todos os focos de contaminación e como chegou ata a costa, podemos afirmar que esta situación, desafortunadamente, está lonxe de rematar, que aínda o peor pode estar por chegar," declarou o ecoloxista Luis Ferreirim dende a praia de Veneguera, onde apareceron xa restos de fuel. "As imaxes falan por si soas e o que din non é nada bo".
 
A zona é de alto valor ecolóxico, segundo advirte a organización, polo que se fai urxente tomar medidas contundentes e con máis medios que os que se están a despregar. Nestes momentos, un dos maiores temores é que os restos da vertedura alcancen a costa sur oriental da illa de Tenerife e La Gomera.
 
La Marea

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript