Abril de 2015
 
 

NÚMERO 270 - 27/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O persoal de Atento en Galicia reduciuse á metade durante a crise

A empresa de atención telefónica perdeu preto de 500 traballadores nun goteo constante de despedimentos e mobilizacións pola precarización das condicións laborais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Chove sobre mollado en Atento. Os traballadores da empresa de atención telefónica que controla o fondo de capital risco Bain Capital volveron saír ás rúas de Galicia polo desmantelamento dun dos servizos que realizaba o call center da Coruña e que provocará o despedimento de 17 traballadores.
 
Non é unha situación nova. O persoal viu como pouco a pouco ía minguando en número. Antes da crise, sumaba entre 1.100 e 1.200 traballadores, dos que a estas alturas, segundo indican os sindicatos, quedan entre 500 e 600. Todo iso, a pesar de que a Audiencia Nacional declarou nulo o último ERE presentado pola empresa para 672 traballadores en España. Dos 49 despedimentos en Galicia, reincorporáronse unha quincena.
 
Folga dun día e manifestación
Os actuais están relacionados co peche do servizo 11822, de atención ao cliente e que no seu día Atento comprou a Movistar, na Coruña. A eliminación da liña supoñerá a saída de 17 empregados e dúas recolocacións, informa CGT.
 
Os centros de traballo situábanse soamente na cidade herculina, Valencia e Tánxer, pero a compañía decidiu que hai pouco volume de chamadas na Coruña, polo que decide suprimir o servizo.Tamén se elimina, polo tanto, a atención en galego. O persoal fixo o luns pasado unha folga para protestar contra os despedimentos, que estivo acompañada por unha manifestación polas rúas coruñesas que se suma aos paros realizados nas últimas semanas.
 
Despedimentos 'selectivos'
Os sindicatos tamén critican a degradación das condicións laborais. Sinalan que as saídas de traballadores están a afectar especialmente a persoal con redución de xornada, traballadores que teñen cargas familiares que fan menos horas que o resto e teñen a posibilidade de escoller dentro da súa xornada laboral o horario que máis lle convén para conciliar.
 
En CGT aseguran que tanto o ERE anulado pola Audiencia Nacional coma os últimos despedimentos afectaron especialmente a este colectivo de traballadores.
 
Recollido de Economíadigital

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript