Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 

A Mesa denuncia que Xuntas Electorais exclúen o galego das súas actas

A oficialidade do galego continúa a ser posta en cuestión, desta vez por ducias de Xuntas Electorais de diferentes zonas e provincias galegas que están a publicar estes días anuncios nos diferentes Boletíns Oficiais das provinciais galegas con motivo das vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.

 

  • Noticias relacionadas

 

Marcos Maceira: “ non podemos consentir que a oficialidade do galego non pase de ser na práctica un elemento decorativo”
 
A oficialidade do galego continúa a ser posta en cuestión, desta vez por ducias de Xuntas Electorais de diferentes zonas e provincias galegas que están a publicar estes días anuncios nos diferentes Boletíns Oficiais das provinciais galegas con motivo das vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
 
Segundo indicou a Mesa pola Normalización Lingüística, se ben hai xuntas electorais de zona que optaron por redixiren as súas actas na lingua propia de Galiza, hai outras moitas, entre elas  Xunta Electorais Provinciais que optan pola publicación exclusiva en español, deixando fóra a lingua galega.
 
Para A Mesa, cando levamos un terzo de século desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística, xa non é posíbel atribuír esta circunstancia a un simples despiste, inercia ou descoñecemento senón directamente ao desprezo polo galego, máxime se temos en conta que nunca acontece á inversa, e que ademais dispoñen de modelos en galego.
 
Boletín Oficial da Provincia da Coruña
 
A Mesa tamén criticou que o Boletín Oficial da Provincia da Coruña é o único en Galiza que opta por encabezamentos e indicacións da data en español, fronte ao galego que ademais é lingua oficial das administracións locais. Entre outras, opta por falar sempre de “Administración de Justicia” como se a xustiza só se puidese administrar en español, ou por non sinalar os días da semana en galego.
 
Proposta de compromiso coa lingua nos concellos
 
O Presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou a iniciativa que a entidade en defensa da lingua lanzou en decembro a todos os partidos e candidaturas que concorren ás vindeiras eleccións municipais para que se comprometan co idioma do país, cando menos cumprindo cos mínimos acordados por unanimidade no Parlamento Galego contemplados no Plan Xeral de Normalización da Lingua galega, na Carta Europea da Linguas, e na Lei de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas administración locais. “Facer como que o galego non existe, como fan demasiadas Xuntas Electorais ou como fai a Deputación da Coruña en partes fundamentais do BOP, mantén o galego nunha situación de desprestixio e invisibilidade que afortala o proceso de substitución”, sinalou o presidente da Mesa para engadir que  “ non podemos consentir que a oficialidade do galego non pase de ser na práctica un elemento decorativo” e que “por iso precisamos que os acordos de tornen en accións concretas en todos os campos, nomeadamente no municicipal, tan achegado á cidadanía e con enormes retrocesos nos últimos anos”.
 
Arquivos anexos a descargar:
bop a coruña (21 kB)

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript