Número 269 - 20 de abril de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

PAS. A dignificación necesaria

    Se ben é certo que a situación económica, a nivel xeral, é catastrófica e que os poderes políticos seguen ao pe da letra as determinacións dos poderes económicos detraendo diñeiro dos fondos públicos (eliminando os servizos públicos) para tapar o burato ocasionado pola corrupción institucional, servizos xa privatizados e a empresa privada (bancos, autoestradas…). Tamén é certo que, mesmo na nosa universidade, o reparto dos “sacrificios” non é homoxéneo entre os sectores que conformamos a Comunidade Universitaria.

 UNIVERSIDADE
    Dentro da curta historia da Alternativa de PAS Asemblearia, as asembleas realizadas os días 14 e 15 en Ferrol e A Coruña, constituíron a primeira experiencia dunha iniciativa que repetiremos periodicamente.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

    As compañeiras e compañeiros da Consellería de Traballo e Benestar estanse a mobilizar, desde fai tempo contra a Xunta de Galicia que lles secuestrou, ao persoal que traballa a turnos, desde o ano 2012, o artigo 19 do Convenio que era o que regulaba os descansos que lles están a roubar.

#ForaMafia17A

    O día 17, atendendo unha convocatoria difundida a través das redes sociais, realizáronse nas cidades máis importantes do estado concentracións contra a corrupción, reclamando a dimisión do goberno e a ilegalización do Partido Popular. As mobilizacións realizáronse diante das sedes do PP: Na Coruña realizamos tamén un escrache diante da oficina electoral de Carlos Negreira á que nos diriximos en manifestación desde a sede do Partido Popular.

LABORAL

    A actual folga dos traballadores das subcontratas de Telefónica pon de manifesto os efectos perversos do proceso de privatización das empresas públicas en España levado a cabo nos anos noventa e que supuxo a acumulación de beneficio xerado pola empresa en poucas mans e unha maior precariedade no emprego.

ECOLOXÍA

    A empresa, provocou a contaminación de terreos, destrución de casas e estradas e ao redor de 200 evacuados. Están por demostrarse danos nos acuíferos e ríos.

ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

    Desde xuño de 2013 a Comisión Europea, e o Departamento de Comercio de EE UU están negociando unha Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP), que non se aprobará antes de 2016. Esta negociación caracterizouse pola opacidade e a falta de transparencia malia que os acordos afectan aos cidadáns.

UN TEXTO ESCLARECEDOR DO DESAPARECIDO EDUARDO GALEANO

    Reproducimos un esclarecedor texto do escritor uruguaio Eduardo Galeano, extraído do seu libro Espellos: unha historia case universal. Galeano, con mans de experto cirurxián, disecciona e describe a perfecta simbiose entre os grandes emporios capitalistas de EUA e Alemaña -de onte e de hoxe- que, coa inestimable colaboración da Igrexa Católica e a banca suíza, achandaron o camiño para o ascenso do nazifascismo e a súa conquista de Europa... Unha lectura moi recomendable do autor de Las veas abertas de América Latina falecido o pasado luns.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Xente que non pode ir ao dentista, poñer a calefacción ou afrontar un gasto imprevisto, e a duras penas pagan a vivenda. "Cicatrices", segundo o ministro De Guindos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CONTRA O 3+2
    O pasado día 15 os estudantes da UDC convocaron un peche na Facultade de CC da Comunicación-Socioloxía en protesta pola imposición do modelo de carreiras de 3+2. O peche comezou cunha charla-coloquio sobre o novo modelo e as súas consecuencias.
 ABORTO
    A reforma da lei do aborto, formulada polo PP para impedir que as menores poidan abortar sen consentimento paterno, superou, o día 14, o primeiro trámite parlamentario no Congreso, para protestar contra esta circunstancia as organizacións feministas de todo o estado convocaron concentracións diante da sede do PP. Nós non faltamos.
 SEGURIDADE SOCIAL
    Un exemplo evidente da inutilidade das cifras do desemprego que vende como triunfo o Partido Popular é que, a pesar das tan cacarexada suba de afiliacións á Seguridade Social, o recadado por este organismo apenas se supón unha mellora do 1%.
 ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar que:
 A COORDINADORA CANARIA CONTRA AS PROSPECCIÓNS DENUNCIA
    A Coordinadora Canaria contra as Prospeccións reclamaba este mércores a asunción de responsabilidades políticas polo afundimento do buque pesqueiro de nacionalidade rusa Oleg Naydenov a quince millas da costa de Gran Canaria.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A oficialidade do galego continúa a ser posta en cuestión, desta vez por ducias de Xuntas Electorais de diferentes zonas e provincias galegas que están a publicar estes días anuncios nos diferentes Boletíns Oficiais das provinciais galegas con motivo das vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      ELECCIÓNS

       
        HOME ARRISCADO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript