Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PAS. A dignificación necesaria

Se ben é certo que a situación económica, a nivel xeral, é catastrófica e que os poderes políticos seguen ao pe da letra as determinacións dos poderes económicos detraendo diñeiro dos fondos públicos (eliminando os servizos públicos) para tapar o burato ocasionado pola corrupción institucional, servizos xa privatizados e a empresa privada (bancos, autoestradas…). Tamén é certo que, mesmo na nosa universidade, o reparto dos “sacrificios” non é homoxéneo entre os sectores que conformamos a Comunidade Universitaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

O PAS sufrimos na nosa pel o recorte sistemático dos nosos dereitos económicos, sociais e laborais. De ningún xeito queremos dicir que o PDI non teña, tamén, recortes, a diferenza radica en que ,cando iso sucede, o equipo de goberno da universidade está presto a reivindicar o cambio de posición do goberno que corresponda.
 
Referíndonos aos aspectos laborais, da perda de dereitos económicos e sociais xa falamos en moitas outras ocasións, compre facer neste caso, unha reflexión sobre o que está a acontecer no noso colectivo.
 

  • No PAS non se cobren todas as prazas que se producen por baixas, xubilacións e/ou por desgraza, debido a defuncións.

 

  • En aras á “optimización de recursos” (eufemismo que significa facer o mesmo ou máis traballo con igual ou menos efectivos) concéntranse servizos (UADIS, UXAIS, Conserxarías…). E ten a intención de continuar por este camiño. Na vindeira negociación da RPT, a que pospuxo para despois das eleccións sindicais, quere articular a conserxaría única en Ferrol, con traballador@s itinerantes.

 

  • O equipo de goberno actúa á marxe da legalidade, modificando, na práctica a RPT, cambiando as denominacións de prazas, funcións e mesmo permutando ao persoal sen que o órgano de representación, nin sequera teña constancia do feito até que se coñece porque, ou ben @s traballador@s o denuncian, ou por charlas nos corredores (nas asembleas soubemos de máis casos). Lexitimando posteriormente na RPT o que, de facto, xa notificou tanto @s xefaturas dos servizos afectados como @s propi@s traballadoras.

 

  • Desorganízase a RPT. Articulando unha organización da ORI, ao noso xeito de ver, improcedente e depreciando, de paso, as prazas de xefatura. Introdúcense méritos adicionais en prazas nas que non é necesario (se é necesario tería que ser un requisito e, polo tanto, ter contraprestación económica). Se non é necesario, para nós, non ten razón de ser que apareza nin tan sequera como mérito.

 

  • O equipo de goberno da universidade, coa desculpa do “axuste económico” non quere cumprir o establecido nos Estatutos da UDC que no seu artigo 99, punto 2 sinalan que os niveis do PAS non poderán ser inferiores aos da Comunidade Autónoma ou outras administracións. Onde foi parar o diñeiro que a universidade aforra coa (500.000€ anuais) coa funcionarización do PAS laboral?

 

  • No noso colectivo non hai problema en recorrer ao traballo escravo, tendo praza vacante na RPT, que non se cobre, no servizo onde as persoas súper explotadas prestan o seu servizo.

 

 
Chégannos con estes aspectos para subliñar a diferenza de trato outorgado polo sr. reitor, dependendo a que colectivo de traballadores (PAS ou PDI) pertenzamos.
 
A “optimización de recursos” non se aplica no outro colectivo. Segue habendo o mesmo número de Departamentos que antes da “crise”, Áreas de coñecemento en máis dun Departamento, cargos docentes a mancheas, Complemento de altos cargos… e, por si todos iso fose pouco, fontaneiros en moitos servizos que cobran un complemento, teñen redución de horas de docencia, feito que, en moitos casos, obriga a contratar a outro PDI para que asuma a docencia que non realizan os “liberados” (este proceder resulta moito máis caro que se ese posto de xefatura o realizase un PAS. Conclusión para o que interesa non hai problema de cartos). O equipo de goberno sabe ben onde “optimizar”.
 
Se nos deixamos levar pola situación e aceptamos de bo grado o sinalado, cada día que pase as circunstancias que mencionamos empeorarán. De feito, o xerente indicou que, en canto se realicen as eleccións sindicais todo o aparcado nesta negociación (conserxerías, xefaturas a baixo custe, prazas de subescalas especiais que se trasladan á escala xeral…) volverá a estar enriba da mesa.
 
Entendemos que o único xeito de acabar con esta teaza é a resposta unitaria do colectivo. Está demostrado que aceptando as situacións que nos precarizan acudindo ao argumento do “mal menor” só se consegue que ese mal menor vaia medrando até se converter nun mal maior.
 
Temos a necesidade e a obriga de dignificarnos como traballador@s e como colectivo. O que está a suceder non o podemos consentir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript