Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  #ForaMafia17A
 

Concentración diante da sede do PP e da oficina electoral de Negreira

O día 17, atendendo unha convocatoria difundida a través das redes sociais, realizáronse nas cidades máis importantes do estado concentracións contra a corrupción, reclamando a dimisión do goberno e a ilegalización do Partido Popular. As mobilizacións realizáronse diante das sedes do PP: Na Coruña realizamos tamén un escrache diante da oficina electoral de Carlos Negreira á que nos diriximos en manifestación desde a sede do Partido Popular.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Partido Popular está a actuar coma unha mafia corrupta que rouba cartos públicos para repartilo entre as súas "amizades", e coa detención de Rodrigo Rato, ex vicepresidente do goberno de Aznar, ex ministro de economía, ex dirixente do FMI e es presidente de Bankia, entidade que foi rescatada con cartos públicos, queda claro que nos goberna unha MAFIA corrupta e criminal.
 
Ata cando imos aguantar?. Non é so Rato, é todo o Partido Popular, é o propio sistema. Temos que parar á Mafia, temos que esixir que se vaian. Non pode ser que o partido no goberno estea acusado de financiación ilegal, con tres tesoureiros imputados, o propio presidente recibiu sobresoldos que non se declararon, a policía rexistrou a sede en Madrid, destruíron probas, presionaron a xuíces... en calquera outro país, estarían no cárcere dende hai tempo. E aquí seguen no poder ríndose de nós. Ata o presidente da Xunta compartía Iate, crema de sol e neve cun Narcotraficante condenado pola xustiza.
 
Volvemos preguntar, ATA CANDO?.
 
Que se vaian, FÓRA MAFIA!
 
Vídeo relacionado
https://www.facebook.com/mariajesus.neiravazquez/videos/o.157857967616023/10206472522280190/?type=2&theater

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript