Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O correo dos sindicatos
O día 14 os sindicatos que estiveron mudos até o momento deron sinais de vida, falta facía, parecía que non existían. No seu correo viñan a dicir que, cando corresponda, teremos a posibilidade de votar. Desde aquí doulles as grazas por ter a deferencia de permitírnolo, pero será xa o acordado, algún de nós quere ter a posibilidade de dar ou non dar o prace antes de ese momento. A asemblea que se realice despois dese acordo previo
, por moito que sexa condicionado ao que se acorde na asemblea, converterase nun enfrontamento pois cada un defenderá a súa posición sen posibilidade de mudanza porque se nos presentará como todo ou nada. Grazas.

 

Asembleas
Estiven na asemblea de Ferrol, pareceume importante como sinalou un compañeiro que as preguntas se fagan antes de acordar e non despois de acadar o preacordo. De facerse deste xeito ademais de poder discutir sobre o que se pon enriba da mesa, tamén poderiamos engadir desde a asemblea outras cousas que nos puidesen parecer necesarias. Tamén, como dixo ese mesmo compañeiro deberíanse repetir estas asembleas periodicamente.

O xogo do xerente
Astuto este xerente, vaille no soldo. Entra forte, propón algo que sabe non será asumible para, posteriormente retiralo , neste caso aprazalo, ou facer unha proposta menos prexudicial. Parece que cede e, a cambio, obtén as contraprestacións que desexa. Hai que ser un chisco intelixentes

RPT
Que os sindicatos accedan a asinar a RPT aceptando as “contraprestacións” que impón a Xerencia paréceme moi significativo e pon de manifesto a descomposición á que chegaron, sei que son poucos os postos de traballo afectados negativamente pero marcan o camiño a seguir para outros cambios que poden afectarnos a máis xente. Cando chegue ese momento, que dirán?.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript