Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ABORTO
 

Concentración diante das sedes do PP contra a modificación da Lei de aborto

A reforma da lei do aborto, formulada polo PP para impedir que as menores poidan abortar sen consentimento paterno, superou, o día 14, o primeiro trámite parlamentario no Congreso, para protestar contra esta circunstancia as organizacións feministas de todo o estado convocaron concentracións diante da sede do PP. Nós non faltamos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na concentración á que asistiu un considerable número de persoas leuse o seguinte comunicado:
 
Boa tarde! obrigadas no nome da Plataforma local da Coruña polo dereito ao aborto por acudir a este acto. Estamos diante da sede do PP, logo de que o goberno do Partido Popular debatese hoxe no Congreso a súa proposición de lei orgánica que leva o ambiguo título de lei "para reforzar a protección das menores e mulleres con capacidade modificada xudicialmente na interrupción voluntaria do embarazo", o cal supón introducir o permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento d@s proxenitor@s.
 
Non deixa de ser curioso que se lIes desposúa da capacidade de decidir sobre os seus corpos, que se lIes suprima a posibilidade de que poidan prestar o consentimento a que lIes practiquen un aborto, cando non o requiren do seu consentimento para outro tipo de situacións:
 

  • §  Poden manter relacións sexuais a partires dos 13 anos

  • §  Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos

  • §  Poden facer testamento desde os 14 anos

  • §  Poden contraer matrimonio se están emancipadas desde os 14 anos (con dispensa dola xuíz/a)

  • §  Deciden se queren someterse a operacións cirúrxicas e a tratamentos médicos ou farmacolóxicos agresivos a partires dos 16 anos

  • §  Poden traballar a partires dos 16 anos

  • §  Poden mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos (e tamén a pílula postcoital)

 
Rexeitamos e condenamos as declaracións de Alfonso Alonso, Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, nas que este manifestou a posibilidade de achegar emendas á Proposición de Lei, no camiño de modificar a redacción do articulado para deixar claro "que o aborto non é un dereito". Estas manifestacións constitúen un novo globo sonda, co cal pretenden contentar a esa parte de electorado máis ultraconservador que considera insuficiente o cambio da lei, ante o temor de que o silencio sobre este tema Iles supoña unha nova perda de votos nos vindeiros comicios, e mesmo unha crise interna, no caso de que os deputados e deputadas provida rachasen coa disciplina de voto no Pleno.
 
Mais tamén é un exercizo de hipocrisía eleitoralista a ambigüidade do presidente da Xunta de Galiza, quen evita pronunciarse sobre o texto, alegando non coñecelo, pese a que é o seu propio Partido quen o presenta ante o Congreso das e dos deputados o pasado 27 de febreiro.
 
En Galiza pretenden disfrazar a súa faciana máis conservadora para captar os votos máis moderados, mentres no estado apuran os cambios como mensaxe ao seu eleitorado máis reaccionario.
 
En todo caso, compre aclarar que nin tan sequera no marco actual a interrupción do embarazo é un dereito como tal, cando menos textualmente non fica recollido así, aínda que na práctica o sexa. O que si recoñece é o dereito á maternidade libremente decidida, e o dereito das persoas a adoptar libremente decisións que afecten á súa vida sexual e reprodutiva.
 
Por tanto estamos a falar dunha ameaza de reforma mencionada nos medios de comunicación para contentar aos parlamentarios autodenominados co inapropiado nome de "provida", cando o que supón é un novo intento de utilizar os dereitos das mulleres como peaxe eleitoral. Seguiremos loitando mentras non sexamos quen de acadar o dereito a decidir sobre os nosos corpos. Porque a reforma non só é un ataque aos dereitos das mulleres máis novas, trátase dunha reforma eleitoralista e ideolóxica, por parte de quen ten a responsabilidade de garantir os dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos. Pode supoñer que as mozas en situación s de vulnerabilidade teñan que optar pola clandestinidade, coas consecuencias que isto pode ter para a súa saúde.
 
As feministas organizadas na Plataforma da Coruña polo dereito ao aborto, consideramos que non se pode permitir outro ataque máis do Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e reprodutivos das mulleres. As mulleres temos dereito a decidir sobre a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, e sobre a nosa maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade. Non imos deixar as rúas. Seguiremos loitando até que retiren a reforma . Grazas a todos e a todas por vir!
 
CONSIGNAS:
 
-OS DO PP, SAÍDE DA COVA, AS VOSAS FILLAS TAMÉN ABORTAN
-ABORTO LEGAL, NUN HOSPITAL
-CONTRA A REGRESIÓN FASCISTA, LOITA FEMINISTA
-PARIR NON É DA VOSA COMPETENCIA
-NON IMOS PERMITIR QUE AS POÑADES A PARIR
-É A NOSA DECISIÓN, NON A VOSA IMPOSICIÓN
-SEXUALIDADE NON É MATERNIDADE, PARIR NON É O DESTINO DA MULLER
-NIN CONSENTIMENTO,NIN SOMETEMENTO
-ILEGALIZAR, ILEGALIZAR AO PARTIDO POPULAR, ILEGALIZAR AO PP, POR FASCISTA E PATRIARCAL
-NÓS DECIDIMOS, AS MOZAS TAMÉN
 
Podes contactar con nós na páxina de facebook: Plataforma A Coruña polo dereito 00 aborto ou do gmail: pgdacorunha@gmail.com

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript