Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
 

@s compañeir@s de Traballo e Benestar mobilízanse

As compañeiras e compañeiros da Consellería de Traballo e Benestar estanse a mobilizar, desde fai tempo contra a Xunta de Galicia que lles secuestrou, ao persoal que traballa a turnos, desde o ano 2012, o artigo 19 do Convenio que era o que regulaba os descansos que lles están a roubar.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O Comité da Coruña xa gañou dúas sentenzas que declararon ilegais as quendas. A Consellería perdeu as dúas sentenzas porque "non quixo negociar as quendas co Comité". Esta é a ilegalidade en que incorreron.
 
Para legalizar a implantación de quendas machucadoras secuestraron o Artigo 19 do Convenio Colectivo. O día 14 todos os Comités convocaron unha manifestación en Compostela que percorreu as rúas máis céntricas para denunciar a situación que, que non só ten consecuencias na saúde das traballadoras e traballadores senón que afecta de xeito directo ás usuarias e usuarios. Por todo iso reclamaron non só a restitución do artigo 19 do Convenio, tamén esixiron  o cese da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Noticia relacionada:
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2015/04/los-trabajadores-de-las-residencias-de-la-xunta-acaban-herniados-y-en-el-supremo-61405.php

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript