Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ECOLOXÍA
 

Rebenta un pozo de fracking de Bankers Petroleum en Albania

A empresa, provocou a contaminación de terreos, destrución de casas e estradas e ao redor de 200 evacuados. Están por demostrarse danos nos acuíferos e ríos.

 

  • Noticias relacionadas

35 casas teñen danos graves e tres son inhabitables, mentres que as outras serán avaliadas por unha comisión establecida pola rexión, dixo Plaka.
 
Tamén se abriron procesos penais contra BaNKers Petroleum, que causou a explosión de gas en Marinza, anunciou o xoves o Director de Policía de Fier.
 
Os lugares onde explotou o gas encóntranse uns 200 metros do pozo onde a compañía facía á perforación.
 
As autoridades inspeccionaron as casas danadas polo barro e a auga que lanzaron as explosións. Tamén sufriu algúns danos en varias partes un camiño de terra no pobo de Marinza.
 
A policía aínda está a esperar os expertos da Axencia Nacional dos Recursos Naturais de Albania (NANR) para determinar as causas das explosións.
 
Mentres tanto, é moi difícil para os residentes evacuados do pobo volver aos seus fogares debido ao gas, a auga e o barro que entraron nas súas casas.
 
Centos de toneladas de lamas de fracturación caeron nas súas terras, casas, mentres que as paredes dalgunhas casas agretaron. Buratos grandes e perigosos apareceron nas terras e estradas, mentres os aterrorizados residentes buscan a asistencia das autoridades estatais, de acordo con Albania Daily News.
 
http://fracturahidraulicaenburgosno.com/revienta-un-pozo-de-fracking-de-bnk-petroleum/
 
VIDEO RELACIONADO

 

 


 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript