Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CONTRA O 3+2
 

Peche en Socioloxía-CC. da Comunicación

O pasado día 15 os estudantes da UDC convocaron un peche na Facultade de CC da Comunicación-Socioloxía en protesta pola imposición do modelo de carreiras de 3+2. O peche comezou cunha charla-coloquio sobre o novo modelo e as súas consecuencias.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na charla-coloquio púxose de relevo que:
 

  • Os soños e promesas que prometía o Proceso de Boloña convertéronse
    nun pesadelo para a maioría de estudantes, os obxectivos de mobilidade, empregabilidade e especialización non só non se cumpriron senón que se retrocedeu sensiblemente neses campos.

 

  • modelo de 3 + 2 non é maioritario nin hexemónico en Europa, ao contrario do que afirma o Ministerio, e no seu lugar prima a combinación de ambos os dous modelos.

 

  • Comparativamente analizados, os parámetros universitarios no Estado Español, no referido a prezos públicos, número de centros, bolsas ou número de estudantes de mestrado son sensiblemente inferiores á media OCDE e á realidade da maioría de países europeos.

 

  • cambio parcial a un modelo 3 +2 significaría no noso estado unha depreciación dos contidos das carreiras, un brutal encarecemento dos estudos|estudios ao aumentarse os anos de mestrado, e unha inseguridade e desigualdade entre universidades, carreiras e estudantes ao convivir ata 3 tipos de estruturacións dos estudos|estudios superiores.
 
Convidad@s polos estudantes, a representación de APA puxemos de manifesto o rexeitamento da posición covarde dos reitores que, no canto de opoñerse ao Real Decreto acordan unha moratoria para a súa aplicación.
 
Entendemos, tamén, que a Comunidade Universitaria non resposta ao nivel que esixe unha regulamentación desta magnitude.
 
Rexeitamos, tamén, a posición do reitor e do equipo de goberno que, no canto de actuar de xeito decidido pola universidade pública pechando a universidade e poñéndose á cabeza da manifestación do día de folga xeral na universidade (24 de marzo) opta por que a UDC dea unha imaxe de normalidade para o que non lle importa impoñer, ao PAS, uns servizos mínimos irracionais.
 
Os alumnos manifestaron que ao día seguinte, día 16, manterían unha reunión co reitor no que sinalarían os aspectos que se salientaron no debate.
 
Posteriormente proxectouse un documental sobre o tema, continuando o peche con xogos, cea, proxección de película…
 
Saudamos a acción do estudantado. Apoiamos todo o que sexa concienciar e mobilizar contra a universidade que nos queren impoñer.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript