Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UN TEXTO ESCLARECEDOR DO DESAPARECIDO EDUARDO GALEANO
 

Os amigos de Hitler. Ah!, a de cousas que ninguén che dixo sobre Hitler e os seus amigos americanos

Reproducimos un esclarecedor texto do escritor uruguaio Eduardo Galeano, extraído do seu libro Espellos: unha historia case universal. Galeano, con mans de experto cirurxián, disecciona e describe a perfecta simbiose entre os grandes emporios capitalistas de EUA e Alemaña -de onte e de hoxe- que, coa inestimable colaboración da Igrexa Católica e a banca suíza, achandaron o camiño para o ascenso do nazifascismo e a súa conquista de Europa... Unha lectura moi recomendable do autor de Las veas abertas de América Latina falecido o pasado luns.

 

  • Noticias relacionadas

 

«Os amigos de Adolf Hitler teñen mala memoria, pero a aventura nazi non sería posible sen a axuda que deles recibiu.
 
Como os seus colegas Mussolini e Franco, Hitler contou co temperán beneplácito da Igrexa Católica.
 
Hugo Boss vestiu o seu exército.
 
Bertelsmann publicou as obras que instruíron os seus oficiais.
 
Os seus avións voaban grazas ao combustible da Estándar Oil [hoxe Exxon e Chevron] os seus soldados viaxaban en camións e jeeps marca Ford.
 
Henry Ford, autor deses vehículos e do libro O xudeu internacional, foi a súa musa inspiradora. Hitler agradeceullo condecorándoo.
 
Tamén condecorou o presidente do IBM, a empresa que fixo posible a identificación dos xudeus.
 
A Rockefeller Foundation financiou investigacións raciais e racistas da medicina nazi.
 
Joe Kennedy, pai do presidente, era embaixador dos Estados Unidos en Londres, pero máis parecía embaixador de Alemaña. E Prescott Bush, pai e avó de presidentes, foi colaborador de Fritz Thyssen, quen puxo a súa fortuna ao servizo de Hitler.
 
O Deutsche Bank financiou a construción do campo de concentración de Auschwitz.
 
O consorcio IGFarben, o xigante da industria química alemá, que despois pasou a chamarse Bayer, Basf ou Hoechst, usaba como coelliños de india os prisioneiros dos campos, e ademais usábaos de man de obra. Estes obreiros escravos producían de todo, incluíndo o gas que ía matalos.
 
Os prisioneiros traballaban tamén para outras empresas, como Krupp, Thyssen, Siemens, Varta, Bosch, Daimler Benz, Volkswagen e BMW, que eran a base económica dos delirios nazis.
 
Os bancos suízos gañaron diñeirais comprando a Hitler o ouro das súas vítimas: as súas alfaias e os seus dentes. O ouro entraba en Suíza con asombrosa facilidade, mentres a fronteira estaba pechada a cal e canto para os fuxitivos de carne e óso.
 
Coca-Cola inventou a Fanta para o mercado alemán en plena guerra. Nese período, tamén Unilever, Westinghouse e General Electric multiplicaron alí os seus investimentos e as súas ganancias. Cando a guerra rematou, a empresa ITT recibiu unha millonaria indemnización porque os bombardeos aliados danaran as súas fábricas en Alemaña.»
 
Recollido de Canarias Semanal

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript