Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  A COORDINADORA CANARIA CONTRA AS PROSPECCIÓNS DENUNCIA
 

"O afundimento do pesqueiro mostra a irresponsabilidade das autoridades políticas"

A Coordinadora Canaria contra as Prospeccións reclamaba este mércores a asunción de responsabilidades políticas polo afundimento do buque pesqueiro de nacionalidade rusa Oleg Naydenov a quince millas da costa de Gran Canaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

"O afundimento deste barco coñecido polas súas actividades de pesca ilegal, a tan só 24 km de Gran Canaria, con máis de 1.400 toneladas de fuel no seu interior e deixando unha mancha de combustible derramado que ten xa máis de 12 Quilómetros cadrados no mar e que crece en dirección a Maspalomas, demostra unha vez máis -denuncian dende a Coordinadora - a lamentable combinación de improvisación absoluta, falta de conciencia ambiental e irresponsabilidade das autoridades políticas ante este tipo de desastres ambientais. Tanto da Delegación de Goberno, coma do Goberno de Canarias".
 
SEN UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN TRECE ANOS DESPOIS DO DESASTRE DO PRESTIGE
 
Para este coordinadora, "o feito de que non exista un protocolo de actuación claro e que ante o incendio do barco no Porto de Las Palmas se tomase a improvisada e pouco meditada decisión de simplemente afastalo da costa cara a augas internacionais", demostra tamén "a pouca importancia que lle dan os gobernos do Estado e de Canarias ao hábitat mariño".
 
E é que, trece anos despois do desastre ecolóxico, social e económico provocado polo afundimento do Prestige nas costas galegas, o Ministerio de Fomento segue sen saber como actuar nunha crise cun barco que poida poñer en risco ambiental as augas dalgunha zona do Estado.
 
Nesta mesma liña, o Coordinadora Canaria contra as Prospeccións cualificou como "irresponsable e bochornosa" a resposta dada pola Delegada do Goberno, María del Carmen Hernández Bento ante esta crise.
 
Seguindo o exemplo do seu líder político no caso do Prestige -afirman - limitouse a minimizar o problema manifestando que: 'O risco dun escape é moi pequeno', afirmación que, lamentablemente, a realidade se encargou de desmentir".
 
A Coordinadora Canaria contra as Prospeccións Petrolíferas considera que "é tempo que se asuman responsabilidades políticas".
 
Tanto dende a Autoridade Portuaria que -din - tomou a irresponsable decisión de levar o buque a alta mar, coma dende a Delegación do Goberno pola súa falta de reacción ante o sucedido".
 
Así mesmo -engaden- esiximos a concreción de protocolos de actuación e medidas claras para evitar este tipo de incidentes a futuro.
 
"Finalmente consideramos que debe instaurarse un debate de fondo sobre a problemática da falta de soberanía de Canarias sobre as súas augas e a desprotección ambiental que esta xera" -conclúen dende a Coordinadora.
 
Recollido de Canarias Semanal

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript