Abril de 2015
 
 

NÚMERO 269 - 20/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

APA. Asembleas

Dentro da curta historia da Alternativa de PAS Asemblearia, as asembleas realizadas os días 14 e 15 en Ferrol e A Coruña, constituíron a primeira experiencia dunha iniciativa que repetiremos periodicamente.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Como xa sinalamos, a convocatoria e as decisións que se adoptaron comprometen, exclusivamente, á APA e serán transmitidas na vindeira reunión da Comisión Negociadora.
 
Non convocamos as reunións co ánimo de facer un mitins onde só se escoitase a voz dos convocantes , queriamos que fosen, e foron, verdadeiras asembleas que tivesen o debate como eixo fundamental. As asembleas, ás que asistiron traballadoras e traballadores de todas as escalas e de moitos centros e servizos,  servíronnos, tamén, para coñecer máis en profundidade as circunstancias nas que os/as compañeiras/os desenvolven o seu traballo.
 
As traballadoras e traballadores, ademais, ratificaron a posición que, como colectivo, mantivemos nas reunións da Comisión Negociadora da RPT, circunstancia que reforza o noso proceder diante da proposta da Xerencia e da decisión expresada polos sindicatos.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript