Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ESTADO ESPAÑOL
 

O 44,28% de traballador@s desempregad@s non conta con ningunha axuda social

No Estado Español, a estacionalidade fixo que desemprego diminuíse no mes de marzo, non obstante o emprego creado foi precario, a taxa de temporalidade foi a máis alta da serie histórica,.pero, sen lugar a dúbidas, a peor parte lévana @s desempregad@s que carecen de prestación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cada vez hai menos persoas con dereito a paro. A taxa de cobertura situouse en febreiro -último mes con datos dispoñibles- no 55,72%, fronte ao 60,33% dun ano atrás, o que supón un descenso de máis de cinco puntos e a menor da serie histórica, que arranca en 2004. Así, o 44,28% dos desempregados xa non conta con ningún tipo de protección social, malia non ter traballo.
 
Os beneficiarios de prestacións por desemprego rexistrados a finais de febreiro foron 2.372.615, un 13,7% menos que no mesmo mes de 2014. Deste total de beneficiarios, 1.064.590 persoas recibían o subsidio por desemprego (-9,9%), 919.142 persoas a prestación contributiva (un 22,6% menos), e 260.564 persoas a Renda Activa de Inserción (1,2% máis).
 
Así mesmo, 119.841 persoas beneficiábanse do subsidio para eventuais agrarios (3,2% menos); e 8.478 da nova axuda para parados de longa duración con cargas familiares do Plan de Activación para o Emprego.
 
O gasto en protección contra o desemprego segue minguando. En febreiro dedicáronse a este fin 1.881,7 millóns de euros, un 17,8% menos que en igual mes de 2014. O gasto medio mensual por beneficiario, incluídas as cotizacións á Seguridade Social e excluíndo o subsidio agrario de Andalucía e Estremadura, situouse en 811,8 euros, o que supón un descenso de 40,4 euros (-4,7%) sobre o mesmo mes do ano 2014.
 
A contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario alcanzou en febreiro os 810 euros, cun descenso de 13,3 euros sobre o mesmo mes de 2014 (-1,6%).
 
Raio do Sur

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript