Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

É imprescindible a dignificación
Traballamos na administración o que nos da unha seguridade no emprego que está en cuestión no resto das relacións laborais por conta allea. Temos unha vantaxe importante pero que está relativizada pola baixa consideración de moitos postos de traballo e polo pouco que nos esforzamos na tarefa de dignificarnos como colectivo. Aportamos o noso gran ao aforro institucional, a funcionarización sei que representou un aforro directo importante no Capítulo I dos Orzamentos, prescindimos do que parecía, dadas as circunstancias, superfluo dando por boa a desaparición do intercambio de vacacións... Pola contra todas as políticas conducentes a recortar diríxense contra o noso colectivo. A que agardamos?

 

As vindeiras eleccións a reitor
Aproxímanse a elección de reitor, a plataforma que apoiou a Barja e a Armesto parece que optou polo vicerreitor de Títulos... Julio Abalde, como candidato para a sucesión, parece, iso se di por algún centro, que o candidato non ten os apoios necesarios para ser elixido. Aproxímanse tempos de componendas, o PAS temos que estar moi espertos, non vaia a ser que se nos sacrifique, unha vez máis, nesas manobras

Eleccións sindicais
Aínda que non o pareza estamos en pleno proceso electora, se non fose porque apareceu a xente de APA polo centro para pedir avais pasaría aínda desapercibido. En próximos días porase en marcha a maquinaria electoral dos sindicatos, bos proxecto, as aspiracións ben altas. O malo é que todo iso ten que enmarcarse nunha candidatura con nomes e apelidos nos que confiemos. Póñennolo moi difícil as candidaturas que rara vez nos informan ou piden as nosas opinións.

Eleccións políticas no horizonte próximo
Facerlle unha reciclaxe ao bipartidismo non creo que sexa a mellor solución para este país, é máis, sería o seu enterro.
Todo o sistema necesita un cambio profundo e a fondo. Dende a miña humilde opinión, ese cambio, esa rexeneración, só pode vir dende a esquerda.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript