Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT: a APA convoca asembleas

As negociacións da RPT están a piques de chegar ao punto de remate. Se até agora vos fomos informando das propostas presentadas pola Xerencia, e das alternativas que a APA poñía sobre a mesa corresponde agora tomar unha decisión.

 

 

A Alternativa de PAS Asemblearia, que fundamenta a súa actuación na toma de decisión de xeito colectivo, convocamos asembleas nos Campus de Ferrol e Coruña para informar, debater e tomar a decisión que corresponda coa finalidade de posteriormente transmitila na vindeira, e supoñemos que definitiva, reunión da Comisión Negociadora.
 
As asembleas están convocadas por APA e a decisión que se adopte compromete exclusivamente á nosa agrupación. Agardamos a vosa presenza, cant@s máis sexamos maior riqueza terá a discusión e máis peso terá a decisión.
 
ASEMBLEAS:
 
Campus de Ferrol:
Martes, día 14 de abril
Facultade de Humanidades, Salón de Graos
Pola mañá: ás 13:00 h.; pola tarde: ás 16:00 h.
 
Campus de Coruña:
Mércores, día 15 de abril
Facultade de Economía e Empresa, Salón de Graos
Pola mañá: ás 13:00 h.; pola tarde: ás 16:00 h.
 
A TÚA OPINIÓN CONTA, PARTICIPA !!!

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript