Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  TTIP
 

Concentracións contra o TTIP, 18/04/2015

Coa finalidade de manifestar a nosa máis firme oposición ao Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión (TTIP) que está a pactarse en segredo entre EEUU e a Unión Europea convocáronse concentracións na Coruña e Ferrol o día 18 de abril.

 

  • Noticias relacionadas

Por unha parte, Attac a Coruña, convoca  unha  CONCENTRACIÓN na Praza de Lugo para o vindeiro sábado 18 de abril, ás 12,00 horas.  Esta iniciativa xurde como resposta ao Chamamento de Acción Global contra os tratados de libre comercio e inversión ao que se están a sumar numerosos movementos sociais en todo o mundo (www.globaltradeday.org).
 
Por outra parte, Ferrolterra súmase, tamén, ao Día de Acción Global (18 de abril do 2015) para deter os Tratados de libre comercio e investimentos - A Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP convoca unha concentración aberta, unitaria e participativa, ás 12:30hs na Praza de Armas
 
Invitámosvos a participar con nós para sumar forzas nunha fronte común que impida que este acordo vaia adiante e chegue a limitar de xeito irreversible á nosa soberanía e aos nosos dereitos máis básicos.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript