Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

Galicia camiño de se converter nun deserto industrial

O informe de conxuntura publicado polo Foro Económico de Galicia destapa a realidade industrial: contracción da produción e mesmo a redución do sector ou o que é o mesmo, Galicia descólgase do crecemento observado a nivel estado entrando nun proceso de desindustrialización que, de continuar coas políticas actuais, acabará convertendo Galicia nun deserto industrial.

 

  • Noticias relacionadas

 

No informe sinálase que a situación da economía de Galicia pon novamente de releve as dificultades do mercado de traballo galego para crear emprego. A ocupación estimada pola EPA descende un 0,8% en relación ao ano anterior (-0,3% en termos de traballo equivalente a tempo completo). Asemade, o descenso do desemprego estimado e rexistrado na Comunidade Autónoma e a redución da taxa de paro galega por primeira vez dende o comezo da crise deben ser matizados tendo en conta tres factores. Primeiro, a caída da poboación activa. Segundo, Galicia sitúase como a comunidade do norte peninsular coa taxa de paro máis elevada. E terceiro, por mor dunha nova medra dos parados de moi longa du­ración, o número de persoas que levan en situación de desemprego menos dun ano é inferior aos que levan máis dun ano (longa duración) por primeira vez dende o comezo da crise.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript