NÚMERO 268 - 13/04/2015
CUTUDC / Novidades
Case tres lustros despois de que se producisen os feitos, o Tribunal de Estrasburgo condenou ao goberno italiano polo sucedido na escola Díaz, lugar no que a policía italiana arrasou todo canto encontrou o seu paso. Na amentada de escola estábanse a aloxar os activistas que acudiron a manifestarse contra o cumio dos grandes do G-8.
O Tribunal
europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo recoñece
agora que no curso do asalto policial que tivo
lugar na noite do 21 de xullo de 2001 producíronse
torturas.
Por unanimidade o Tribunal determinou que a policía
violou o artigo tres do Convenio Europeo de
Dereitos Humanos contra a tortura e os tratos
inhumanos e degradantes. Segundo a sentenza
emitida, os policías antidisturbios utilizaron a
operación de asalto como represalia, existindo o
propósito deliberado de causar humillación e
sufrimento físico e moral ás súas vítimas.
Na sentenza, condénase ao Estado italiano a pagar
45.000€ como indemnización a un dos manifestantes,
A. Cestaro, que contaba entón con 62 anos de idade
e estaba na escola durante o asalto da policía ao
edificio.
De forma moi tardía, o Tribunal de Estrasburgo
condenou o Estado italiano, que en ningún momento
considerara como reprobables os feitos provocados
pola brutalidade policial. Pola contra, as
autoridades italianas condenaron aos manifestantes
que protestaban ante a Conferencia organizada polas
oito potencias económicas máis grandes do planeta,
por devastación e saqueo. Tal cualificación
baseábaa o Estado italiano na lexislación
musoliniana da Italia dos anos 30.
Non obstante, como sucede case invariablemente e
este tipo de casos, os axentes autores da brutal
represión e das malleiras non poderán ser
procesados polo delito de tortura, xa que a
ausencia de leis adecuadas ao respecto impídeno.
Recollido de Canarias Semanal
VIDEO RELACIONADO: Diaz: No limpieis esta sangre (2012). Baseada nos feitos acontecidos en 2001, en Xénova, durante a conferencia do G8
Quen somosspan> | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript