Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Capítulo VI. Sentenza contra acordo universidade-sindicatos

En PASquíns anteriores informámosvos do acordo subscrito entre a universidade e os sindicatos CCOO e CIG que afecta ao persoal de Convenios e Proxectos. A UGT, que recorrera un dos puntos do acordo (a Disposición Adicional Primeira) comunicou, o pasado venres, a sentenza do TSXG da que imos facer unha análise.

 

  • Noticias relacionadas

 

O sindicato de ensino da UGT denunciou mediante Conflito Colectivo ACORDO SOBRE CLASIFICACIÓN PROFESIONAL, CONDICIÓNS DE TRABALLO E MARCO DE REFERENCIA DA REPRESENTATIVIDADE LABORAL DO PERSOAL CONTRATADO CON CARGO A PROXECTOS E CONVENIOS DE I+D+i FINANCIADOS A TRAVÉS DO CAPÍTULO VI DOS ORZAMENTOS DA UDC solicitando se ditase sentenza estimatoria da demanda "pola que se declare a nulidade de pleno dereito da disposición adicional primeira do citado acordo, por non ser axustada a dereito".
 
A Disposición Adicional Primeira recolle:
“Representatividade laboral
O persoal das categorías A.1 e A.2 integrarase no censo electoral sindical do PDI da UDC. No que atinxe ao ámbito de representatividade das restantes categorías recollidas no presente acordo, estarase ao resultado da correspondente negociación co Comité de Empresa do PAS laboral da UDC.”
 
Na sentenza, no
apartado de FUNDAMENTOS DE DEREITO, no CUARTO sinálase:
“Que é competencia da Comisión Negociadora a fixación do ámbito persoal, funcional, territorial e temporal do convenio colectivo negociado, a tenor do disposto no artigo 85.3 C) do Estatuto dos Traballadores.
Entrando a coñecer, en primeiro lugar, se o persoal contratado a través do Capítulo VI dos Orzamentos da Universidade da Coruña e con categorías B.1, B.2, C.1 e C2 do punto 1 do Acordo sobre clasificación profesional, condicións de traballo e marco de referencia da representatividade laboral do persoal contratado con cargo a proxectos e convenios de I+D+i financiados a través do Capítulo VI dos Orzamentos da Universidade da Coruña, se atopa incluído dentro do ámbito persoal de aplicación do III Convenio Colectivo para o persoal laboral da Universidade da Coruña, ao que debe darse resposta negativa, pois no seu artigo 3 establece: “Non están incluídos no ámbito de aplicación do Convenio:
... b) os/as traballadores/as con contratos vinculados exclusivamente ao desenvolvemento de programas, de proxectos e convenios de investigación de desenvolvemento e de innovación”.
En consecuencia, a aplicación do citado convenio só podería producirse pola vía de adhesión ao citado convenio, na forma e cos requisitos establecidos no artigo 92.1 do Estatuto dos Traballadores, o que non consta que se producise, polo que a inclusión do persoal antes sinalado no censo laboral correspondente  a Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña non pode producirse mediante o mecanismo de negociación entre a Universidade e o comité de empresa do citado persoal da UDC, ao non formar parte dun mesmo centro de traballo, por non estar incluídos no ámbito de aplicación do III Convenio Colectivo para o persoal laboral da Universidade da Coruña, tal e como establece a Disposición Adicional terceira do Real Decreto 1844/1994,  contrario sensu.
Por todo elo, a parte da Disposición Adicional Primeira do Acordo sobre clasificación profesional, condicións de traballo e marco de referencia da representatividade laboral do persoal contratado con cargo a proxectos e convenios de I+D+i financiados a través do Capítulo VI dos Orzamentos da Universidade da Coruña, referida ao persoal de categorías B.1, B.2, C.1 e C.2 do citado acordo é nula de pleno dereito, ao contravir principios de natureza legal, regulamentaria e convencional
.
 
No Fallo sinálase que "debemos declarar e declaramos a nulidade da Disposición Adicional Primeira do Acordo sobre clasificación profesional, condicións de traballo e marco de referencia da representatividade laboral do persoal contratado con cargo a proxectos e convenios de I+D+i financiados a través do Capítulo VI dos Orzamentos da Universidade da Coruña, por non ser axustada a dereito”.
 
A sentenza pode ser recorrida en Casación no Tribunal Supremo.
 
A sentenza danos a razón nos argumentos legais que sinalamos para opoñernos á inclusión deste colectivo nos censos e no Convenio Colectivo. Quédanos agora un arduo traballo para evitar a creación de esa estrutura administrativa paralela que vimos denunciando.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript