Abril de 2015
 
 

NÚMERO 268 - 13/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

A Atención Sanitaria dos inmigrantes: É hora de rectificar

Ante as declaracións do Ministro de Sanidade da intención do seu ministerio de asegurar a asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares en Atención Primaria, pero sen darlles acceso á tarxeta sanitaria, dende a FADSP temos que sinalar:

 

  • Noticias relacionadas

 

1)Congratulámonos de que dende o Ministerio de Sanidade se recoñeza o irracional e lesivo destas exclusións, pero convén recordar que isto prodúcese despois de 3 mortes e moitos sufrimentos e problemas sanitarios.
 
2)Entendemos que se realmente se quere cambiar a situación debe de derrogarse ou modificarse o RDL 16/2012 porque se non é así encontrarémonos nunha situación irregular que provocará moitas situacións irregulares.
 
3)Por outro lado o acceso á Atención Primaria sen tarxeta sanitaria supón que non se lles poderán realizar probas diagnósticas nin prescribir medicamentos co que a asistencia sanitaria será mais propia do século XIX que do XXI.
 
4)Entendemos que estes anuncios teñen unha tinguidura de demagoxia e electoralismo que non son de recibo, xógase coa vida e a saúde de persoas.
 
Por todo iso é hora de rectificar e derrogar o RDL 16/2012, garantindo o acceso á atención sanitaria a todas as persoas que viven no noso país.
 
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript