Abril de 2015
 
 

NÚMERO 267 - 03/04/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - SENTENZA
 

A Xustiza anula a xubilación forzosa dun funcionario

O Tribunal Superior de Xustiza da Rioxa falla en contra da xubilación forzosa dun médico pola súa condición de funcionario de carreira.

 

  • Noticias relacionadas

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de La Rioja declarou nula a xubilación forzosa dun médico do Servizo Rioxano de Saúde (Seris) pola súa condición de funcionario. A sentenza, que xa é firme, ampara o dereito do recorrente a permanecer no servizo activo ata cumprir os setenta anos e condena a costas a Administración.
 
FALLO:
 
Primeiro: Estimamos o recurso interposto por Don XXXXXXXXXXXXX e anulamos a actuación administrativa obxecto deste.
 
Segundo: Declaramos o dereito do recorrente a permanecer en servizo activo ata cumprir os setenta anos, sempre que manteña as condicións legais para iso, con todos os efectos económicos e administrativos correspondentes.
 
Terceiro: Con expresa imposición de costas, co límite de 500 €, á Administración demandada.
 
Así por esta a nosa Sentenza, que é firme, da que un se levará literal
testemuño aos autos, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript